O mapa amosa a situación de Galicia frente ao conxunto de Europa.

O mapa amosa a situación de Galicia frente ao conxunto de Europa.

O mapa que amosa o colapso da taxa de fecundidade en Galicia

A idade media para ter o primeiro fillo cae ata os 31,5 anos, a máis alta de Europa

Este mapa amosa o colapso da taxa de fecundidade en Galicia. Realizado polo matemático e lingüista checo Jakub Marian este plano de Europa por rexións destaca como o índice galego é o máis baixo de todo o continente, xunto co da illa de Sardeña. No extremo contrario están Francia (sobre todo a rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul), Irlanda e Turquía. A taxa de fecundidade ou fertilidade se obbiene calculando o número de fillos que unha muller terá ata o final da súa vida reprodutiva.

As galegas teñen actualmente o seu primeiro fillo seis anos máis tarde que as súas nais. Rematar os estudos e as dificultades para atopar traballo e emanciparse están entre as causas que atrasaron a idade media para ser nai aos 31 anos e medio.

As galegas son as que máis esperan para ser nais en relación ao resto de países de Europa, onde a idade media das primerizas sitúase nos 29 anos. Bulgaria ou Macedonia son os países onde antes as mulleres teñen o seu primeiro fillo: arredor dos 26 anos. E á cola está España (30,8) e Italia (31 anos). Galicia supera esta marca con 31,5 anos.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística do ano 2016, todo o Estado perde ao día 72 habitantes no balance entre nacementos e mortes, e 38 deles en Galicia. A metade do saldo vexetativo negativo radica así en Galicia.

nuts2-fertility-rate

Unha resposta a “O mapa que amosa o colapso da taxa de fecundidade en Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.