As cancións foron enviadas dende estas instalacións en Tromso, Noruega.

As cancións foron enviadas dende estas instalacións en Tromso, Noruega.

O festival Sónar envía 33 cancións a un planeta a 12 anos luz

A selección de temas inclúe a Jean Michel Jarre e quere contactar con algunha intelixencia extraterrestre

O festival Sónar, que aúna música e innovación tecnolóxica a través da súa proposta Sónar+D, quixo celebrar o seu 25 aniversario cunha chamada á intelixencia extraterrestre. En colaboración co Instituto de Estudos Espaciais de Cataluña e a Asociación Científica Europea de Radares de Dispersión Incoherente decidiu lanzar unha mensaxe (que inclúe 33 pezas de música creadas por artistas afíns ao festival) a un exoplaneta que xira arredor da Estrela de Luyten.

Sónar Calling GJ273b é a primeira serie de transmisións de radio que se envía a un exoplaneta próximo potencialmente habitable. Este proxecto forma parte da celebración do 25 aniversario do Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, Sónar, que se celebra anualmente en Barcelona.

O seu obxectivo é facer chegar a un exoplaneta próximo, potencialmente habitable, 33 pezas de música de 10 segundos cada unha creadas por artistas afíns ao festival. “A resposta podería tardar 25 anos, coincidindo co 50 aniversario de Sónar”, explican nun comunicado.

La Estrella de Luyten foi a elixida polo festival por ser a máis próxima a un exoplaneta coñecido potencialmente habitable, visible desde o Hemisferio Norte e que está situado a 12,4 anos luz da Terra (máis de 120 billóns de quilómetros).

i09i283_4810_grafico-de-las-transmisiones_sonar_calling_cast_imagelarge

As primeiras transmisións xa se enviaron, os días 16, 17 e 18 de outubro de 2017, desde a antena da Asociación Científica Europea de Radares de Dispersión Incoherente (EISCAT, polas súas siglas en inglés) situada en Tromsø, Noruega. Unha segunda fase está programada para abril de 2018.

“Ante o reto único de comunicarse cunha posible intelixencia extraterrestre, as respostas dos artistas foron imaxinativas e moi variadas. Desde propostas de carácter poético ata músicas matemáticas pensadas para ser facilmente descifrables, pasando por propostas máis políticas que tentan dar unha imaxe do que somos como humanidade, sen aforrar a crítica a como estamos a destruír noso propio planeta”, apuntan desde o Sónar.

Esta iniciativa conta ademais coa colaboración do Instituto de Estudos Espaciais de Cataluña (IEEC), cuxo director Ignasi Ribas, comenta: “Estamos a ser testemuñas dun aumento exponencial no noso coñecemento dos sistemas planetarios no universo e agora coñecemos uns 10 exoplanetas que poderían ser adecuados para albergar vida. Por suposto, non temos idea de se a vida prosperou na superficie deses planetas e se tales formas de vida desenvolveron intelixencia. Pero en IEEC estamos emocionados de participar no experimento de enviar unha mensaxe intencional ao planeta próximo potencialmente habitable como GJ273b e esperar unha resposta. Se iso sucedese dentro de 25 anos, sen dúbida sería alucinante”.

O descubrimento de dous exoplanetas ao redor da Estrela de Luyten anunciouse a principios de 2017. Un deles, chamado Luyten’s Star b ou GJ273b, ten unha masa aproximadamente tres veces maior que a Terra e está situada na zona habitable da estrela, aínda que é probable que sexa máis cálido que o noso planeta.

Os artistas que saen ao cosmos

Carsten Nicolai, que propuxo unha gravación dos latexos do corazón da súa filla antes de nacer.
Autechre, cunha música feita cos primeiros 449 números primos.
BFlecha, a súa peza está baseada nos ciclos dos ecosistemas terrestres e de toda forma de vida.
Jean-Michel Jarre, expón unha melodía atractiva e reconocible, á maneira de ‘Encontros na Terceira Fase’.
The Black Madonna, desde unha perspectiva máis irónica explica como se fai un hit musical na Terra.
Nina Kraviz, fai un clamor de paz, a través da palabra rusa “mir” (que significa á vez “mundo” e “paz”).
Laurel Halo, propón un queixume poético que ao mesmo tempo é un berro de socorro: “Please save us!” (Por favor, salvádenos!).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.