Mapa comparativo de febreiro de 2016 elaborado pola NASA.

Mapa comparativo de febreiro de 2016 elaborado pola NASA.

O febreiro máis cálido dende que hai rexistros

É o récord dende 1880 e a temperatura media foi 1,35 graos superior á media deste mes

O pasado mes de febreiro bateu un novo récord respecto da temperatura media global en toda a superficie terrestre. Desde 1880, cando se comezaron a recompilar datos, non se rexistraba un febreiro tan cálido.

A NASA vén de publicar o rexistro, no que se pode comprobar que a temperatura media en toda a superficie terrestre foi superior en 1,35 graos centígrados á media dos meses de febreiro do período 1951-1980. A temperatura non é o único dato preocupante, tamén o incremento do dióxido de carbono (CO2), segundo datos da estación da NASA en Mauna Loa.

A alerta climática á que se enfronta o planeta é máis que evidente, nos últimos meses a tempertatura media global foi superandose baitendo récords. En xaneiro, a temperatura media excedeu en 1,15 graos a media dos meses de xaneiro previos e en decembro foi 1,1 graos superior. Tamén o ano 2015 foi o máis cálido de toda a serie histórica dende que existen rexistros.

Aínda que vivimos o febreiro máis cálido da serie histórica, o récord de temperaturas medias está nun recente mes de verán no hemisferio Norte. Foi xullo de 2015.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.