Venres 29 Marzo 2024

O Día Mundial do Retrete lembra que mil millóns de persoas defecan ó aire libre

Mil millóns de persoas no mundo practican actualmente a defecación ao aire libre. Esta rutina constitúe un risco para a saúde pública e a nutrición e está relacionada coa morte diaria de 1.000 nenos e nenas por diarreas. Para eliminar esta praxe hai que enfrontar moitos mitos culturais, sociais e mesmo relixiosos.

Unha nena en Dakar (Senegal).
Unha nena en Dakar (Senegal).

No marco da celebración hoxe do Día Mundial do Retrete, a organización humanitaria Acción contra el Hambre incorporou o obxectivo de eliminar esta práctica nos seus principais programas de intervención.
“Para iso é importante a construción de latrinas comunitarias e familiares, pero o é moito máis a aceptación do problema e o cambio de comportamentos: aquí é onde está o verdadeiro reto”, explica Pablo Alcalde, responsable de Auga, Saneamento e Hixiene da ONG.
“Mentres que o acceso á auga é percibido pola comunidade como unha necesidade básica e inmediata, é máis difícil que o saneamento e a hixiene sexan establecidos como unha prioridade”, apunta Alcalde.
Hoxe en día mil millóns de persoas no mundo practican a defecación ao aire libre e 2.400 millóns non contan con boas latrinas. Segundo Nacións Unidas, os retretes deficientes aumentan o risco de enfermidades e a malnutrición, especialmente en mulleres e nenos. É máis, ao carecer da privacidade que ofrece unha latrina, mulleres e nenas arríscanse a ser obxecto de abusos e violacións.
O secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, emitiu un comunicado polo Día Mundial do Retrete: “A Axenda 2030 chama a renovar os nosos esforzos para proporcionar acceso a servizos de saneamento adecuados en todo o mundo. Debemos seguir educando e protexendo ás comunidades en situación de risco, e cambiar as percepcións culturais e as prácticas de longa data que obstaculizan a procura da dignidade”.

Aquí podes consultar a páxina especial da ONU polo Día Mundial do Retrete

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos

O lixo electrónico aumenta cinco veces máis rápido que a súa reciclaxe

Un informe da ONU indica que en 2022 se produciron 22 millóns de toneladas deste tipo de residuos, o que supón un 82% máis que en 2010

As novas ‘fronteiras’ de Galicia: este é o mapa que estuda a ONU para ampliar o límite submarino

O atlas forma parte da documentación técnica e científica necesaria para conseguir a soberanía de 20.000 quilómetros de fondo oceánico

Comezan as obras para executar as verteduras da mina de San Finx á espera da vista na ONU

A Xunta asegura non ter "constancia formal" do inicio dos traballos e non o comprobará ata xuño, cando finalice o prazo para construír a planta de tratamento