Xoves 28 Marzo 2024

O crecepelo é posible

Os macrófagos en acción coas células capilares.
Os macrófagos en acción coas células capilares.

Un vendedor de crecepelo é sinónimo de falabarato. Abundaron durante séculos nas feiras, voceando os seus remedios. Xa na antiga Roma se vendían polas rúas pomadas contra a alopecia con graxa de oso. E os patricios gastaban unha fortuna en “capillamentum“, as perrucas da época. Pero o certo é que a ciencia, que inventou tantas cousas, aínda non deu cun crecepelo.
Pero todo podería cambiar no século XXI. Porque varios equipos de investigación no mundo traballan agora cunha diana que parece eficaz. Consiste en tratar o sistema inmune. E xa funciona en ratos, nos que o cabelo volve a medrar. Un deses equipos é español, do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).
O que descubriron é unha conexión inesperada entre o sistema de defensa do corpo e a rexeneración da pel. Segundo revelan os autores no traballo, publicado en PLOS Biology, as células do sistema inmune chamadas macrófagos -responsables por exemplo de devorar posibles patóxenos-, son ademais as encargadas de activar o crecemento das células nai da pel.
Estas células nai permiten a rexeneración do pelo e tamén orixinan, cando teñen fallos, o cancro de células escamosas. Descubrir que os macrófagos as activan pode ser relevante non só de cara a terapias contra a perda do cabelo, senón para a investigación oncolóxica.
“Descubrimos que os macrófagos participan no proceso de rexeneración do pelo”, explica o investigadora Mirna Pérez-Moreno, “mesmo logramos inducir o crecemento do cabelo”.

A investigación sobre cancro de pel botou luz sobre a alopecia

Pérez-Moreno atopou a clave das células inmunes mentres analizaba outro problema. Os ratos cos que traballaba entón recibían un tratamento con antiinflamatorios, que tivo como inesperado efecto secundario a reactivación do crecemento do pelo.
Convencida de que a explicación debía estar no sistema inmune -a inflamación é unha resposta defensiva do organismo-, Pérez-Moreno empezou a experimentar cos distintos tipos de células responsables da defensa do organismo.
Xa este verán investigadores da Universidade de Columbia, nos Estados Unidos, publicaron en ‘Nature Medicine’ un estudo que relacionaba o cabelo co sistema inmune. E conseguiron reactivar en ratones o pelo en menos de tres meses de tratamento. Así que seica un dos maiores achados da historia da Humanidade estea poi preto de resolverse. O crecepelo, que tanto deu que falar, semella posible.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopada unha proteína que evita que o ADN se triplique

Un equipo do CNIO descobre un sistema 'antifallo' que podería ter aplicación na prevención do cancro e doutras enfermidades

Os tumores cerebrais interfiren na comunicación entre neuronas

Investigadores españois acaban de descubrir por que case a metade dos pacientes con metástase no cerebro ven afectada a súa capacidade cognitiva

Nova estratexia contra o cancro de pulmón: dirixir o tratamento aos telómeros

Un estudo do CNIO demostra que poñer o foco nestas secuencias de ADN pode axudar a frear a actividade tumoral

Descobren como predicir a eficacia dun dos fármacos máis usados contra o cancro de mama

Identificada unha vía para saber se o medicamento de quimioterapia paclitaxel será recomendable para a paciente oncolóxica