Nas redes sociais, o asteroide xa foi bautizado como o do Halloween.

Nas redes sociais, o asteroide xa foi bautizado como o do Halloween.

Chega o ‘asteroide de Halloween’, o máis grande preto da Terra ata 2027

Foi descuberto hai só dez días pero, malia os comentarios catastrofistas, a NASA confirma que non conleva perigo ningún

O vindeiro 31 de outubro un gran asteroide pasará relativamente cerca do planeta Terra e máis preto aún da órbita da Lúa. Bautizado como 2015 TB145, non estaba nos radares da Axencia Espacial Norteamericana ata o 10 de outubro, cando o telescopio Pan Stars I localizou este obxecto que viaxa polo espazo en dirección á Terra.

Aínda que xa hai nas redes sociais as clásicas teorías catastrofistas, que xa o bautizaron como o ‘Asteroide de Halloween‘, a realidade é que o asteroide nin sequera será visible a simple vista dende a Terra. Aínda que si con modestos telescopios. Segundo a NASA, o asteroide 2015 TB145 será o maior asteroide coñecido que se achegue á Terra ata 2027.

A enorme rocha espacial -de entre 210 e 610 metros de diámetro- pasará preto daTerra a 498.896 quilómetros da Terra ou 1,3 veces a distancia coa Lúa, que é un paso totalmente seguro. Pasará máis preto da Lúa, a só a 280.000 quilómetros da lúa.

O brillo da rocha espacial estará nunha magnitude aproximada de 10, que é máis débil do observable sen axuda de instrumentos. Ademais, moverase rápido, a 126.000 quilómetros por hora. Na noite do 30 ao 31 outubro, o asteroide pasará a través da constelación de Orión.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.