Venres 19 Abril 2024

Descobren o maior número primo xamais coñecido: ten 23.249.425 cifras

46733318335923109998833558556111… e así ata chegar ata máis de 23 millóns de díxitos. O enxeñeiro estadounidense Jonathan Pace descubriu a finais do pasado mes o maior número primo xamais coñecido, segundo anunciou a Great Internet Mersenne Prime Search, unha organización internacional de voluntarios que desde 1996 traballa para atopar o maior número primo posible a partir de simulacións informáticas.

Desde entón, xa levan atopados máis dunha ducia de exemplos de número primo con millóns de díxitos. O atopado por Jonathan Pace ten case un millón de dixitos máis que o anterior, atopado en xaneiro de 2016. Para representalo, recibiu o nome de M77232917. Esta cifra, que como todo número primo é só divisible por si mesma e pola súa unidade, forma parte dunha clase de números coñecidos como primos de Mersenne, bautizados así na honra do monxe francés Marin Mersenne, que comezou a estudar estas cifras hai máis de 350 anos.

Publicidade

 

Se tes curiosidade por descargalo, podes facelo nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Elena V. Cendón: “As científicas temos que asumir que merecemos recoñecementos”

A matemática e investigadora da USC repasa a súa traxectoria após de recibir o premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira

Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburguer

O galardón creado pola Xunta en 2007 para distinguir a investigadoras galegas recoñece a doutora en Ciencias Matemáticas e decana da USC

Preto de 300 escolares achéganse ás matemáticas dun xeito “compresible e divertido”

No proxecto 'Te lo cuentan las matemáticas', do grupo de innovación docente MaReMa