Xoves 25 Abril 2024

As novas emoticonas chegan con microbios, placas de Petri e moita ciencia

‘Emoji’ é un termo xaponés para definir ese ideogramas que se teñen convertido nun modo esencial de comunicar as nosas emocións.  E a súa nova actualización incorpora novos símbolos que teñen un importante compoñente científico. Placas de Petri, batas de laboratorio, tubos de ensaio e bacterias poden ser empregados a partir do pasado 6 de xuño.

Madalenas, superheroes, bagels, papel hixiénico, canguros e llamas tamén se inclúen na actualización 11.0 de Unicode. O Consorcio Unicode, que está a cargo de crear novos emoji, anunciou estes cambios en febreiro e agora será posible empregalos.

Publicidade

Agrégase un total de 157 novos símbolos. O sitio Emojipedia desagregounos neste vídeo de YouTube:

Despois da actualización, haberá un total de 2.823 emoji dispoñibles, segundo Emojipedia . Aínda que os emoji están tecnicamente dispoñibles, non esperes velos inmediatamente nos teus dispositivos. Os diferentes sistemas e plataformas móbiles deberán actualizarse antes de que poidan admitir os novos símbolos.

Algunhas plataformas, como Twitter, historicamente fixérono moi rapidamente, mentres que os dispositivos Android e Apple esperaron máis tempo para incluír os emoji en actualizacións máis amplas do sistema operativo, o que podería levar varios meses.

emoticonas emojis

O máis interesante é o peso que a ciencia terá neste novo lanzamento de emoticonas. De feito, aparece un microorganismo con apariencia de bacteria, unhas gafas de seguridade para usar no laborario, unha bata de investigación, un tubo de ensaio ou mesmo unha placa de Petri, empregada para facer cultivos.

Agora só está por ver como imos usar estes novos símbolos na nosa conversa do día a día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha aplicación móbil galega para fichar no traballo

A empresa tecnolóxica Primux lanza unha ferramenta que facilita o sistema de fichaxe laboral, que xa está dispoñible en Google Play e na Apple Store

O boicot de Google a Huawei deixará estes teléfonos sen actualizacións

A decisión non afecta aos "smartphones" xa en circulación, pero é posible que a medio prazo haxa problemas cos novos aparellos

Alerta espía polas ‘apps’ que veñen de serie nos Android

Un estudo que analiza miles de 'apps' e dispositivos realizado por investigadores españois advirte da gran cantidade de datos recabados sen autorización

A app do Camiño de Santiago xa está dispoñible para o iPhone

A aplicación Smart Camiño permite ver rutas, albergues, ou meteoroloxía tamén offline