A dispersión da poboación en Galicia define moitos trazos da nosa cultura. 313 concellos, 3.792 parroquias e máis de 30.000 entidades de poboación (o 50% do total do Estado español) achegan unha riqueza enorme para a nosa toponimia. Un trazo da paisaxe, un acontecemento puntual, un elemento natural ou calquera outro feito dan nome aos milleiros de lugares que marcan a vida diaria dos galegos.
E a toponimia tamén deixa lugar para o humor. Por uns e outros motivos, e moitas veces polos prexuízos propios desta época, hai nomes de lugares en Galicia que non poden facer outra cousa que arrincarnos unha gargallada. A través dunha procura polo nomenclator da Xunta de Galicia, fixemos unha selección dos 40 topónimos máis curiosos do país:
– A Caracocha (Antas de Ulla) e As Caracochas (Ceboliño, Ourense).
– A Carracha (Sofán, Carballo).
– A Enfermería (Santa María, Meira).
– A Picha (Condes, Friol e Tardade, Vilalba).
– A Tola (Galegos, Navia de Suarna).
– Bichicán (Lanzós, Vilalba) e Bichicáns (Vincios, Gondomar).
– Cabrois (Paleo, Carral).
– Campo de Mamas (Belaz, Portomarín).
– Carantoña: (Tállara, Lousame; Miño; Nebra, Porto do Son; e Vimianzo).
– Exipto: (Abanqueiro, Boiro; e Cesullas, Cabana de Bergantiños).
– Fragarrara (O Burgo, Muras).
– Gatomorto (Xeve, Pontevedra).
– Lobamorta (Ourol) e Lobomorto (Arceo, Boimorto).
– Lume de Suso (Castro, Coristanco).
– Marrocos (Sismundi, Cariño).
– O Cochovello (Mera de Arriba, Ortigueira).
– O Cucurruxo (Valeixe, A Cañiza).
– O Mexadeiro (Devesos, Ortigueira).
– O Papamoscas (Santa Comba).
– O Pataqueiro (Ois, Coirós).
– O Pimento (Lourenzá; e Sobreda, O Saviñao).
– O Pirú (Cervás, Ares).
– O Puño (Cristiñade, Ponteareas).
– Os Rebeldes (Campaña, Valga).
– Paidavella (Roupar, Xermade).
– Pepe (Agar, A Estrada).
– Pepes (Castro, Carballedo).
– Pernaviva (Cereixo, A Estrada).
– Peropombo (Ozón, Muxía).
– Portugal (Oca, Coristanco).
– Portugalete (Castro, Carballedo; e Serres, Muros).
– Roma (Castromaior, Abadín; Piñor, Barbadás; e Santa Sía, Zas).
– Texexe (Calo, Teo).
– Vilapene (Chamoso, O Corgo).
– Viñogrande e Viñopequeno (Illobre, Vedra).
– Xixirín (Dodro, Arzúa).
– Xurarantes (Moraime, Muxía).
Gatofero, parroquia de Lagoa, Alfoz Lugo
Ladrido (Ortigueira).
Boimorto (Boimorto)
Cariño (Cariño)
Parderrubias, en Ourense
e en salceda de casela tamen
A Verruga, en San Xiao, Narón.
Vella Morta, en Santa Mariña do Monte, San Sadurniño
Formigueiro, na parroquia de Albixoi(Mesia). O igual que en Mesia existe outra aldea que tamen se chama a Picha
No concello de Melide está Folladela, e no concello de Cesuras temos Borrifans.
Ceilán, en Serra de Outes. Aínda que no seu PXOM aparece como Seilán, que será o seu topónimo oficial.
[img]https://image.ibb.co/bWE36n/Ceil_n.png[/img]
BURRICIOS (OZA DOS RIOS)
Rabo de Galo, pertenece o concello de Ourense.
Cabeza de vaca, pertenece o concello de Barbadas.
Leiraenfestas na estrada do Mesón do vento (Ordes) a Ledoño (Culleredo)
Camposdealgas na mesma estrada
Carballotorto, en Aranga (A Coruña)
Amear (Dozon), Feces (Verín)
Burres, Arzúa, Lugo
Rabo de Gato-Silleda
guichar, campo rapado, nas Encrobas (Cerceda),
Cantalarrana bertamirans ames
Porcallos, goias, lalin
Caxadas vimianzo
Nugallás. Antas de Ulla, Lugo.
Xurisdiccion en serra de outes
Tal en esteiro
Perdecanay en Barro Pont.
Mosqueiros en Barro Pont.
Canay en Barro Pont.