A dispersión da poboación en Galicia define moitos trazos da nosa cultura. 313 concellos, 3.792 parroquias e máis de 30.000 entidades de poboación (o 50% do total do Estado español) achegan unha riqueza enorme para a nosa toponimia. Un trazo da paisaxe, un acontecemento puntual, un elemento natural ou calquera outro feito dan nome aos milleiros de lugares que marcan a vida diaria dos galegos.
E a toponimia tamén deixa lugar para o humor. Por uns e outros motivos, e moitas veces polos prexuízos propios desta época, hai nomes de lugares en Galicia que non poden facer outra cousa que arrincarnos unha gargallada. A través dunha procura polo nomenclator da Xunta de Galicia, fixemos unha selección dos 40 topónimos máis curiosos do país:
– A Caracocha (Antas de Ulla) e As Caracochas (Ceboliño, Ourense).
– A Carracha (Sofán, Carballo).
– A Enfermería (Santa María, Meira).
– A Picha (Condes, Friol e Tardade, Vilalba).
– A Tola (Galegos, Navia de Suarna).
– Bichicán (Lanzós, Vilalba) e Bichicáns (Vincios, Gondomar).
– Cabrois (Paleo, Carral).
– Campo de Mamas (Belaz, Portomarín).
– Carantoña: (Tállara, Lousame; Miño; Nebra, Porto do Son; e Vimianzo).
– Exipto: (Abanqueiro, Boiro; e Cesullas, Cabana de Bergantiños).
– Fragarrara (O Burgo, Muras).
– Gatomorto (Xeve, Pontevedra).
– Lobamorta (Ourol) e Lobomorto (Arceo, Boimorto).
– Lume de Suso (Castro, Coristanco).
– Marrocos (Sismundi, Cariño).
– O Cochovello (Mera de Arriba, Ortigueira).
– O Cucurruxo (Valeixe, A Cañiza).
– O Mexadeiro (Devesos, Ortigueira).
– O Papamoscas (Santa Comba).
– O Pataqueiro (Ois, Coirós).
– O Pimento (Lourenzá; e Sobreda, O Saviñao).
– O Pirú (Cervás, Ares).
– O Puño (Cristiñade, Ponteareas).
– Os Rebeldes (Campaña, Valga).
– Paidavella (Roupar, Xermade).
– Pepe (Agar, A Estrada).
– Pepes (Castro, Carballedo).
– Pernaviva (Cereixo, A Estrada).
– Peropombo (Ozón, Muxía).
– Portugal (Oca, Coristanco).
– Portugalete (Castro, Carballedo; e Serres, Muros).
– Roma (Castromaior, Abadín; Piñor, Barbadás; e Santa Sía, Zas).
– Texexe (Calo, Teo).
– Vilapene (Chamoso, O Corgo).
– Viñogrande e Viñopequeno (Illobre, Vedra).
– Xixirín (Dodro, Arzúa).
– Xurarantes (Moraime, Muxía).
Melón, pobo da provincia de Ourense.
MULLERBOA-FRAGAS
CAMPOLAMEIRO
PERDECANAI,
BARRO-PONTEVEDRA
O castrado, en Pontevedra
A pedra dos caralletes, en Vilaboa
Hai dous lugares moi próximos que se chaman “Coitos” e “Barrigas” na parroquia de Ordes, municipio de Toques, A Coruña.
En la carretera nacional hacia Santiago, a pocos kilometros de la ciudad hay un pueblo que se llama Susana.
Casar do Nabo, Avión.