Entre os milleiros de nomes da toponimia galega atópanse nomes bastante curiosos.

Entre os milleiros de nomes da toponimia galega atópanse nomes bastante curiosos.

Da Picha ao Gatomorto: os 40 lugares galegos cos nomes máis curiosos

Os milleiros de núcleos de poboación do país dan lugar a topónimos ben curiosos, con todo tipo de orixes

A dispersión da poboación en Galicia define moitos trazos da nosa cultura. 313 concellos,  3.792 parroquias e máis de 30.000 entidades de poboación (o 50% do total do Estado español) achegan unha riqueza enorme para a nosa toponimia. Un trazo da paisaxe, un acontecemento puntual, un elemento natural ou calquera outro feito dan nome aos milleiros de lugares que marcan a vida diaria dos galegos.

E a toponimia tamén deixa lugar para o humor. Por uns e outros motivos, e moitas veces polos prexuízos propios desta época, hai nomes de lugares en Galicia que non poden facer outra cousa que arrincarnos unha gargallada. A través dunha procura polo nomenclator da Xunta de Galicia, fixemos unha selección dos 40 topónimos máis curiosos do país:

A Caracocha (Antas de Ulla) e As Caracochas (Ceboliño, Ourense).

A Carracha (Sofán, Carballo).

A Enfermería (Santa María, Meira).

A Picha (Condes, Friol e Tardade, Vilalba).

A Tola (Galegos, Navia de Suarna).

Bichicán (Lanzós, Vilalba) e Bichicáns (Vincios, Gondomar).

Cabrois (Paleo, Carral).

– Campo de Mamas (Belaz, Portomarín).

Carantoña: (Tállara, Lousame; Miño; Nebra, Porto do Son; e Vimianzo).

Exipto: (Abanqueiro, Boiro; e Cesullas, Cabana de Bergantiños).

Fragarrara (O Burgo, Muras).

Gatomorto (Xeve, Pontevedra).

Lobamorta (Ourol) e Lobomorto (Arceo, Boimorto).

Lume de Suso (Castro, Coristanco).

Marrocos (Sismundi, Cariño).

O Cochovello (Mera de Arriba, Ortigueira).

O Cucurruxo (Valeixe, A Cañiza).

O Mexadeiro (Devesos, Ortigueira).

O Papamoscas (Santa Comba).

O Pataqueiro (Ois, Coirós).

O Pimento (Lourenzá; e Sobreda, O Saviñao).

O Pirú (Cervás, Ares).

O Puño (Cristiñade, Ponteareas).

Os Rebeldes (Campaña, Valga).

Paidavella (Roupar, Xermade).

Pepe (Agar, A Estrada).

Pepes (Castro, Carballedo).

Pernaviva (Cereixo, A Estrada).

Peropombo (Ozón, Muxía).

Portugal (Oca, Coristanco).

Portugalete (Castro, Carballedo; e Serres, Muros).

Roma (Castromaior, Abadín; Piñor, Barbadás; e Santa Sía, Zas).

Texexe (Calo, Teo).

Vilapene (Chamoso, O Corgo).

Viñogrande e Viñopequeno (Illobre, Vedra).

Xixirín (Dodro, Arzúa).

Xurarantes (Moraime, Muxía).

 

57 respostas a “Da Picha ao Gatomorto: os 40 lugares galegos cos nomes máis curiosos”

  1. Luís

    Ceilán, en Serra de Outes. Aínda que no seu PXOM aparece como Seilán, que será o seu topónimo oficial.

    [img]https://image.ibb.co/bWE36n/Ceil_n.png[/img]

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.