Presentación do experimento gañador do IG Nobel da Paz. Imaxe: Improbable Research.

Presentación do experimento gañador do IG Nobel da Paz. Imaxe: Improbable Research.

Investigadores cataláns gañan o ‘Nobel alternativo’ por un aparato de música para fetos

Os IG Nobel, uns galardóns que recoñecen ás investigacións "que fagan rir, e que despois fagan pensar", entregáronse en Harvard

“Son os gatos sólidos ou líquidos?”. O físico francés Marc-Antoine Fardin pensou nesta pregunta como base dunha investigación que lle acaba de outorgar o IG Nobel de Física, os coñecidos como Nobel alternativos, “que primeiro fan á xente rir e despois pensar”. Así, Fardin pensou que se os corpos líquidos son aqueles que se adaptan aos contenedores onde se introducen, os gatos, grazas á súa gran flexibilidade e plasticidade, poderían ser, en parte, líquidos.

O Sanders Theatre da universidade de Harvard acolleu un ano máis a divertida gala de entrega destes galardóns, que adoitan contar coa presenza dalgún dos auténticos premios Nobel. Como premio, un billete de dez billóns de dólares de Zimbabue, país afectado por unha enorme inflación. Entre os gañadores figura tamén, na categoría de Obstetricia, un equipo do Institut Marqués de Barcelona, unha clínica de reprodución asistida. Marisa López Teijón, Álex García Faura, Alberto Prats Galino e Luis Pallarés Aniorte desenvolveron un aparello situado na vaxina das nais que permite aos fetos escoitar música.

O IG Nobel da Paz demostrou que tocar o didgeridoo reduce os ronquidos

Os galardóns nas outras categorías tamén destacaron pola súa carga humorística. O IG Nobel da Paz foi para un equipo internacional que demostrou que tocar o didgderidoo, instrumento de vento creado polos aborixes australianos, reduce a apnea do sono e os ronquidos. O de Economía foi para un experimento sobre a relación entre o contacto con crocodilos e a súa influencia á hora de facer apostas en internet.

Un estudo sobre o aumento das orellas a medida que envellecemos foi o premiado no apartado de Anatomía. En Bioloxía, o IG Nobel recaeu na investigación sobre unha especie de insectos nos que as femias teñen pene e os machos teñen vulva.

Cal é a mellor maneira de camiñar cun vaso de café sen que se nos caia o líquido? A explicación dun científico surcoreano foi a gañadora na categoría de Dinámica de Fluídos. En Nutrición, gañou unha investigación sobre un morcego ‘vampiro’ que se alimenta de sangue humano. En Medicina, o estudo galardoado analizaba as bases cerebrais das persoas ás que lles desagrada o queixo. E por último, no apartado de Cognición, o premio estudaba se os xemelgos idénticos eran capaces de distinguirse nunha foto de carné.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.