tacto rectal

Polo Día do Pai, regálalle un tacto rectal

A Fundación Cris de investigación contra o cancro promove unha orixinal campaña

Un agasallo ben sorprendente. En España, un de cada sete homes ten cancro de próstata, e prodúcense 5.400 mortes anuais, nun país onde se inviste só 1 euro per cápita en investigación de cancro. Para concienciar sobre esta doenza, a ‘Fundación Cris Contra el Cáncer’, sorprende no Día do Pai propoñendo un agasallo diferente: “un tacto rectal“, co obxectivo de apostar pola vida. A campaña persegue salientar a necesidade de facerse revisións periódicas e de concienciarse da importancia de investir en investigación para erradicar o cancro de próstata.

Marta Cardona, Directora de Fundación Cris Contra o Cancro, explica: “O cancro de próstata é o máis frecuente en homes, por diante de pulmón e do colorrectal e o 90% é invasivo con metástase ósea e alta mortalidade. Por iso, é necesario apostar pola investigación como facemos desde a Fundación, que colabora co CNIO, o Centro Nacional de Investigación en Oncoloxía.  O humorista José Mota participa nun vídeo da propia campaña.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.