Procesión dos cadaleitos en Ribarteme. Foto: Teresalaloba-Flickr.

Procesión dos cadaleitos en Ribarteme. Foto: Teresalaloba-Flickr.

The New York Times leva á súa portada a procesión dos cadaleitos de Ribarteme

A reportaxe titúlase 'A vila onde os vivos van en cadaleitos para festexar que non morreron'

O xornal de referencia nos Estados Unidos, The New York Times, dedicou esta fin de semana un especial á procesión dos cadaleitos, a peculiar manifestación etnográfica que se celebra na parroquia de Ribarteme, no concello das Neves. A reportaxe, asinada polo xornalista Raphael Minder, titúlase  ‘A vila onde os vivos van en cadaleitos para festexar que non morreron’ e inclúe un amplo surtido de imaxes realizadas polo fotógrafo Samuel Aranda.

ribartemes

The New York Times califica a procesión de ‘extraordinario ritual funerario’ e confesan a súa incredulidade ante o evento: “Por macabro que pareza, o festival é unha celebración para quen escapou das gadoupas da morte o ano anterior”.

O xornal de Nova York achega unha visión de Galicia aínda ancorada no pasado: “A marcha funeraria, que data do medioevo, é un exemplo do fervor pagán e relixioso en Galicia, onde abundan lendas acerca de poderes curativos de bruxas locais, ou meigas”. E achega testemuñas como un paisano que afirma que a procesión aínda existe, por mor do illamento tradicional de Galicia: “As orixes da festividade non son claros, pero tamén estaba vinculada coa pobreza e o illamento das aldeas desta rexión; esta era unha sociedade feudal ata ben entrado o século XX; a xente dependía da súa fe e de curandeiros locais porque non tiña acceso ao medicamento moderno”, explica un entrevistado na reportaxe.

Aquí podes ler a reportaxe completa
sobre Ribarteme no The New York Times

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.