O Rei León, de Walt Disney.

O Rei León, de Walt Disney.

Morren máis debuxos animados que personaxes reais

Un estudo do British Medical Journal conclúe que hai máis morte e violencia nas cintas de animación que nos filmes convencionais

A carga de violencia que teñen moitas animacións infantís é similar á de cintas non recomendadas para menores. Isto afirma un estudo realizado por investigadores canadianos e británicos. A traxedia da nai de Bambi é unha máis da lista: os pais do protagonista sempre teñen moitas papeletas para morrer durante os primeiros minutos da película.

O estudo asegura que a violencia á que se expoñen os nenos cando ven longametraxes de debuxos animados é similar á que conteñen moitas cintas clasificadas para adultos. O traballo foi publicado no número especial de Nadal da revista British Medical Journal, na que se recollen investigacións de cuestionable interese científico, pero levadas a cabo con pulcritude metodolóxica e moito sentido do humor.

“En lugar de ser alternativas inocuas ás películas típicas de drama ou de terror, as películas de debuxos animados están cheas de morte e destrución”, afirman os investigadores da Universidade de Ottawa (Canadá) e do Colexio Universitario de Londres (Reino Unido).

Os debuxos animados teñen o triplo de probabilidades de ser asasinados

Os autores apuntan que os nenos pequenos, de entre dous e cinco anos, consumen produtos audiovisuais unhas 32 horas á semana e, normalmente, ven o mesmo unha e outra vez expoñéndose repetidamente á violencia, o que pode ser traumático para eles..

A vida dun personaxe de debuxos animados é arriscada. Segundo este traballo, teñen máis do dobre de probabilidades de morrer e o triplo de ser asasinados que un de carne e óso. Ademais, en dous terzos das cintas infantís morre algún personaxe importante; con todo, no cine para adultos isto só acontece na metade dos filmes..

Hai mortes que ocorren moi ao principio, sen que dea tempo a collerlle aprezo ao finado. Algunhas das máis notables, segundo os autores, son a nai de Nemo en ‘Buscando a Nemo‘, que é comida por unha barracuda aos catro minutos de comezar a película.

Os pais dos protagonistas teñen cinco veces máis probabilidades de morrer no cine de animación. Este recurso narrativo representa o paso á madurez do protagonista.

Na investigación analizáronse as 45 películas de debuxos animados mais taquilleiras con protagonistas humanos ou animaisâ  desde 1937, ano da estrea de Brancaneves, ata o lanzamento de Frozen , en 2013. Cada unha delas comparouse coas dúas películas de éxito  coas que compartiu carteleira. A mostra inclúe películas de terror  como ‘O exorcismo de Emily Rose’ ou como ‘Pulp Fiction’. Os filmes de debuxos animados demostraron ter máis mortes e violencia que os de personaxes de carne e óso.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.