Venres 19 Abril 2024

Mercados e tendas tradicionais axudan a previr a obesidade

Os mercados e as pequenas tendas de proximidade contribúen á boa saúde xeral da comunidade. E axudan a previr a obesidade. Investigadores das universidades de Alcalá e Johns Hopkins compararon a contorna alimentaria de dúas cidades modelo moi afastadas: Madrid (España) e Baltimore (Estados Unidos) nun artigo publicado na revista Preventive Medicine. E que confirma os datos de estudos previos, que xa demostraran que a contorna alimentaria inflúe sobre a calidade da dieta e sobre enfermidades como a obesidade.

En Madrid, o índice de obesidade rolda o 14,3%, mentres que en Baltimore alcanza un 34%, segundo datos do departamento de Saúde da cidade estadounidense e de Atención Primaria da capital española.

Publicidade

As principais diferenzas respecto da alimentación están no tipo de comercios de alimentación atopados: mentres que na área de Madrid destaca a presenza de comercios tradicionais (fruterías, pescaderías…  onde predominan os alimentos frescos e saudables), este é un tipo de tenda inexistente en Baltimore, onde abundan as tendas de conveniencia (tendas con horarios de apertura moi extensos e gran cantidade de comida preparada).

Ademais, en Madrid, o 63% dos comercios presentes na área de estudo tiñan á venda variedades de froitas e verduras, fronte a un 53% das tendas de Baltimore. A distribución especial destes alimentos é homoxénea na zona da capital, mentres que en Baltimore limítase á zona suroeste.

Favorecer ao peón fronte ao coche pode influír nos hábitos de alimentación

Os resultados deste estudo resaltan a importancia das tendas tradicionais e dos mercados municipais como elementos saudables nas cidades, e como posible estratexia preventiva do sobrepeso, a obesidade e outras enfermidades relacionadas cunha alimentación pouco conveniente.

As conclusións tamén amosan as diferenzas en cando á accesibilidade en ambas as cidades. En Madrid, un 77% dos residentes viven a unha distancia menor de 200 metros dunha tenda cunha alta dispoñibilidade de alimentos saudables. E o 23% restante, a entre 200 e 400 metros dun comercio desta categoría.

Con todo, en Baltimore soamente un 1% dos residentes tiñan acceso a menos de 200 metros a unha tenda cun alto índice de alimentos saudables. Un 13% dos residentes vivían a unha distancia de entre 200 e 400 metros, e a maioría dos residentes (82%) atopábase, polo menos, a unha distancia de 800 metros. Estes resultados resaltan como unha contorna urbana deseñada para favorecer ao peón fronte ao coche pode influír sobre os hábitos de alimentación, e por tanto, sobre a saúde dos residentes.

 Podes ver o estudo completo
publicado na revista Preventive Medicine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia é a quinta comunidade autónoma con maior prevalencia de obesidade

Un estudo da USC asocia os altos índices de avellentamento cun maior exceso de peso na poboación galega

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Un equipo galego demostra que o estómago é capaz de regular o apetito e o peso corporal

O estudo do IDIS revela cambios substanciais na produción da proteína GDF15 a nivel gástrico vinculados coa obesidade, a idade e o xénero

Non só engorda o que comemos: estes compostos químicos fan que aumentes de peso

Presentes en diferentes substancias e no ambiente, certos compostos químicos son capaces de alterar o funcionamento do noso organismo