Martiño e Noa, os nomes preferidos polos galegos.

Martiño e Noa, os nomes preferidos polos galegos.

Martiño e Noa, os nomes preferidos para os recén nacidos en Galicia

No conxunto de España, os nomes máis comúns son Lucía e Hugo

Os gustos polos nomes en Galicia difiren do común de España. Os nenos e as nenas galegos non son inscritos maioritariamente como Lucía e Hugo, a gran maioría no conxunto do Estado.  Martín (con menos incidencia na súa versión galega Martiño) e Noa son os nomes de moda entre os recén nacidos en Galicia, segundo se desprende da última estatística publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Estes nomes difiren dos da maioría en España, onde se impoñen Hugo, con 5.162 nenos inscritos no Rexistro Civil en 2015 e 5.229 Lucías.

Martín tamén é maioritario en Asturias, mentres que Noa é un nome especialmente elixido en Galicia, sen compartilo con ningunha outra comunidade.

No conxunto do censo no Estado, os nomes máis tradicionais mantéñenxe nos primeiros postos. Entre as mulleres predominan as María del Carmen (668.639), María (633.600) e Carmen (415.535), Josefa (298.346) e Isabel (279.932). María lidera a lista do INE que inclúe nomes simples e compostos: 6.290.481 mulleres chámanse así en España (María, a secas, ou María Dolores, Ana María, María del Carmen…).

O padrón amosa como entre os homes as cinco primeiras posicións están ocupadas polos Antonio (715.215), José (641.525), Manuel (618.891), Francisco (530.309) e Juan (367.726). José encabeza a lista masculina de nomes simples e compostos con 2.809.184 persoas.

Aquí podes consultar no INE
os nomes dos recén nacidos en Galicia e España

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.