650_1200

Martín e Noa, os nomes de moda dos recén nacidos en Galicia

O INE publica os resultados do censo de nomes, que en España lideran Hugo e Lucía

Martín (con menos incidencia na súa versión galega Martiño) e Noa son os nomes de moda entre os recén nacidos en Galicia, segundo se desprende da última estatística publicada polo INE. Estes nomes difiren dos da maioría en España, onde se impoñen Hugo, con 220.239 niños inscritos no Rexistro Civil en 2014 e Lucía, con 206.064 niñas.

mapa_nombres

Martín tamén é maioritario en Asturias, mentres que Noa é un nome especialmente elixido en Galicia, sen compartilo con ningunha outra comunidade.

No conxunto do censo, os nomes máis tradicionais mantéñenxe nos primeiros postos. Entre as mulleres predominan as María del Carmen (668.639), María (633.600) e Carmen (415.535), Josefa (298.346) e Isabel (279.932). María lidera a lista do INE que inclúe nomes simples e compostos: 6.290.481 mulleres chámanse así en España (María, a secas, ou María Dores, Ana María, María del Carmen…).

O padrón amosa como entre os homes as cinco primeiras posicións ocúpanas os Antonio (715.215), José (641.525), Manuel (618.891), Francisco (530.309) e Juan (367.726). José encabeza a lista masculina de nomes simples e compostos con 2.809.184 persoas.

 

Aquí pode consultarse
a estatística dos nomes do INE

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.