Completar un maratón require unha preparación física importante, que ás veces non é suficiente. Foto: Ed Uthman.

Completar un maratón require unha preparación física importante, que ás veces non é suficiente. Foto: Ed Uthman.

A xenética é clave para resistir o esforzo dun maratón

Un estudo sinala que a forma e a composición dos músculos inflúe no nivel de esgotamento

Nos últimos anos, milleiros de persoas sumáronse ao hábito de saír a correr para mellorar a súa forma física. Un dos grandes desafíos aos que se enfrontan os atletas aficionados é o de completar un maratón, de 42.195 metros de percorrido. Con todo, á hora de finalizar esta proba, non todo é cuestión de preparación física. Un grupo de investigadores sinala nun estudo que a forma e a composición dos nosos músculos determinada pola xenética pode influír de xeito decisivo en que poidamos completar esta distancia.

Competir nunha maratón leva un compromiso fisiolóxico de varios sistemas, como o respiratorio, cardiovascular e o musculo-esquelético. Así o explica o doctor e profesor da Universidades Camilo José Cela, Juan Del Coso. “En canto ás demandas musculares, completar unha maratón require aproximadamente de 30.000 zancadas, mentres que as personas absorben entre 1,5 e 3 veces o peso corporal do corredor a cada paso”, explica Cela. Deste modo, as contraccións da musculatura das persoas, repetidas continuamente durante a competición para soportar o ritmo da carreira, producen un deterioro progresivo nas fibras musculares como resultado do esforzo tan intenso e prolongado.

A maior presenza de determinadas proteínas provoca un maior dano muscular

Este dano muscular ten dúas consecuencias principais. Por un lado, o músculo afectado perde a capacidade para producir a forza, o que se relaciona co “muro” -desfalecemento ao agotar as reservas de enerxía- que soportan o corredores cando completan 35 quilómetros da carreira. Por outro lado, as proteínas do músculo lesionado libéranse no sangue, o que permite cuantificar o desgaste medindo a concentración da creatina quinasa ou a mioglobina con tan só unha mostra de sangue.

“Unha maior concentración plasmática destas proteínas significa que se produciu un maior dano nas fibras musculares e, por tanto, unha maior probabilidade de fatiga. Pero tamén se pode vincular con outros problemas médicos máis complexos, como a insuficiencia renal aguda, resultado do cúmulo de proteínas musculares dos túbulos renais” engade Del Coso.

Neste estudo, publicado en PloS ONE, os expertos do Laboratorio de Fisioloxía do Exercicio analizaron aos corredores de maratón co obxectivo de determinar a influencia da xenética sobre o dano muscular que prodúcese durante a proba.

A investigación baseouse no feito de que hai deportistas que completan a maratón con baixos niveis de deterioro muscular, mentres que outros chegan a meta con moita dor.

Centráronse en sete xenes relacionados con funcionamento muscular en 71 corredores de maratón experimentados, sometidos a análises de sangue antes e despois da competición, medicións da potencia de salto vertical e a percepción muscular. Finalmente, a cada xen se lle asignou unha puntuación.

O estudo concluíu que os corredores cunha maior puntuación xenética tiveron menores niveis de dano nas fibras musculares en comparación cos maratonianos cunha puntuación máis baixa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.