O dispositivo está pensado para utilizarse en países empobrecidos.

O dispositivo está pensado para utilizarse en países empobrecidos.

Luz eléctrica xerada a partir dos ouriños

Un dispositivo creado pola University of the West of England crea electricidade para os aseos en países pobres a través dos propios refugallos

Un equipo da University of the West of England deseñou un prototipo de urinario público nos que a materia orgánica dos ouriños aprovéitase para xerar luz eléctrica. O proxecto, no que participan os investigadores españois Irene Merino e Daniel Sánchez, pretende suplir a carencia de electricidade existente en países en vías de desenvolvemento. O obxectivo é empregar esta tecnoloxía en campos de refuxiados, comunidades escolares e aseos públicos.

A idea baséase na utilización de celas de combustible microbianas, coñecidas como MFC, que funcionan de xeito similar ás pilas. Estas celas instálanse nun contedor ao que chegan os ouriños. Alí, as MFC catalizan a materia orgánica e descompóñena. No proceso libéranse protóns e electróns, que a través de diversas reaccións químicas acaban xerando a enerxía precisa para encender lámpadas ou tubos LED.

Deste xeito, indican os investigadores, poderase mellorar a seguridade de mulleres e nenos, que ás veces sofren agresións sexuais e físicas neste tipo de lugares. Varias oenegués, como Oxfam, están colaborando co proxecto. Non en tanto, debido a cuestións de deseño, o prototipo só está deseñado para varóns. o equipo da universidade británica realizou dúas probas deste dispositivo. Un, no propio centro, e outro no multitudinario festival de música de Glastonbury. Os resultados do estudo foron publicados na revista Environmental Science: Water Research & Technology.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.