As novas cervexas de grelos e de trompeta dos mortos.

As novas cervexas de grelos e de trompeta dos mortos.

Lanzan a cervexa de grelos e de trompeta dos mortos

A compañía lucense Champivil-Castelo presenta estas dúas novas cervexas co gallo das Letras Galegas

Chega ao mercado a cervexa de grelos. A empresa lucense Champivil-Castelo presentou hoxe dúas novas variedades desta bebida, fabricadas en colaboración co artesán cervexeiro Pablo Casanova (coñecido como Peterpaul). Nunha rolda de prensa na praza de abastos de Compostela, os responsables de Champivil quixeron facer coincidir o lanzamento coa celebración do Día das Letras Galegas. Ademais, presentaron outra variedade fabricada cun cogomelo: a trompeta dos mortos.

A cervexa de grelos é rubia. E a de trompetas é negra. As dúas especialidades van poñerse á venda en dous formatos, de 33 e 75 cl, nunha edición gourmet exclusiva, que se pode adquirir a través do Facebook da compañía con sede en Vilalba.

Champivil-Castelo é unha empresa especializada na produción e envasado de grelos e setas de Galicia. E que inviste en investigación, para innovar en produtos como as estrugas, que xa venden enlatadas. Ademais, prodesan marmeladas de foitos silvestres ou preparados para caldo ou tortilla de patacas.

A elaboración das cervexas de grelos e de cogomelos é totalmente natural e dura dous meses e medio. Os ingredentes presentados son: auga da fonte, malta de debada, lúpulos nobres suaves e levaduras neutras para que predomine o sabor do grelo e da trompeta dos mortos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.