Xoves 28 Marzo 2024

O 99 por cento dos galegos somos primos (en 11º grao)

En maio de 2017, Santiago e A Coruña acolleron a segunda edición de Pint of Science en Galicia. Unha das conferencias, a cargo de Antonio Salas Ellacuriaga, investigador do Grupo de Medicina Xenómica da USC, e experto en xenética de poboacións, abordaba a historia do ser humano a través dos seus xenes baixo un suxestivo título: ‘Isto pinta a que todos somos “primos”‘.

Os datos extraídos a partir de estimacións matemáticas expoñían, entre outras cifras interesantes, que existía unha probabilidade do 99 por cento de que todos os galegos fosemos curmáns en undécimo grao. Era iso certo? Como quedamos coa dúbida, decidimos preguntarlle a este científico que destaca, entre outros moitos traballos, polo seu estudo sobre a orixe dos escravos africanos en América que lle valeu importantes recoñecementos a nivel internacional.

Publicidade

Fórmula para o cálculo da probabilidade de consanguinidade.
Fórmula para o cálculo da probabilidade de consanguinidade.

“Facendo un cálculo aproximado, poderiamos dicir que existe unha probabilidade de arredor do 99 por cento de que dous galegos escollidos ao azar da poboación estean emparentados en grao 11“, confirma Salas. Con todo, e coma en todo, hai algún pequeno matiz, e a realidade é moito máis complexa que o simple dato. Pero si se pode facer esa estimación. “É tan só unha aproximación e un valor medio, xa que cada persoa ten, obviamente, un pasado xenealóxico diferente que habería que estudar de xeito específico”, expón.

O cálculo deste parentesco entre primos, a grandes trazos, segundo explica Antonio Salas, realízase tendo en conta “a xeración á que nos queremos remontar e, por ende, ao número necesario de devanceiros xenealóxicos, así como ao tamaño poboacional estimado na xeración” que queremos calcular.

Que Galicia sexa unha terra de emigrantes e de pouca inmigración inflúe de xeito inequívoco nesta particularidade. Así, nos casos de poboacións pequenas e próximas, este grao de parentesco redúcese até, aproximadamente, os 225 anos. Engade Antonio Salas que “isto deixou unha certa pegada xenética na poboación. E en consecuencia, no eido da biomedicina, observamos que existen determinadas mutacións asociadas a patoloxías que son máis prevalentes en Galicia e, en ocasións, en certas zonas da nosa comunidade”, como é o caso da ictiose conxénita ou os cancros de mama e ovario.

Antonio Salas, durante a súa intervención en Pint of Science. Foto: Anxo Iglesias.
Antonio Salas, durante a súa intervención en Pint of Science. Foto: Anxo Iglesias.

Tal e como explicou Salas en Pint of Science, para entender que necesariamente todos temos que estar fortemente emparentados, hai que pensar, entre outros moitos factores, no concepto do ‘colapso de pedigree‘. É dicir: o número dos nosos antepasados reais sempre vai ser menor que o número de antepasados teóricos. Estes últimos “medran seguindo unha función exponencial 2n,(é dicir, dous pais, catro avós, oito bisavós, dezaséis tataravós, etc.) pero todos sabemos que a poboación mundial aumenta do pasado ao presente, e non ao revés”, revela  o xenetista. Amais, “outro dos factores que teriamos que ter en conta cando pensamos no noso pasado xenealóxico e xenético sería a cuestión da ‘non paternidade’ biolóxica, presente seguramente nunha boa porcentaxe de todos as nosas árbores xenealóxicas”; noutras palabras: os fillos bravos.

Con todo, esta proximidade sanguínea non é só cousa de Galicia, xa que tamén ocorrería en todas aquelas zonas con tamaños históricos poboacionais pequenos e con pouca taxa de inmigración. “Nestes últimos anos traballamos con datos de moitos grupos poboacionais de distintas partes do mundo e a tendencia é ver uns niveis importantes de ‘consanguinidade‘ internacional”. Salas conclúe, por tanto, que esta situación é un xeito de entender a condición humana. “Todos os habitantes da Terra somos parte dunha gran familia, cuxos membros están fortemente emparentados, xenealóxica e xenéticamente”, sentenza.

14 COMENTÁRIOS

  1. Manda carallo.
    Así empezou o puchdemoni dicindo o da raza catalana…
    Anda que non hai mistura nun lado e noutro.
    Curmáns,primos lonxanos… o importante é ser boa xente, saber apreciar o bo, saber chamar ás chuvia polas súas diferentes formas, saber que é facer un regho, e saber ir a todas partes e que o resto non saiba se imos ou vimos, porque non saben o bo.

    Apertas e bo nadal

  2. El que firma cómo estadístico dice que un porcentaje nacio fuera de Galiza y otro porcentaje, fuera del estado.
    ¿Donde está Galiza?
    Si naces fuera del “estado”, ¿quiere decir que no eres funcionario…?

  3. La noticia tiene sentido, pero es interesada.
    La Humanidad entera somos primos lejanos. Todo depende del tramo del Tiempo que se tome. En los últimos 50.000 años de la Historia del Universo (que no es nada) ha surgido la Humanidad y todos provenimos de los primeros homo sapiens que se desarrollaron en el norte de África.
    Un abrazo a todos 🙂

  4. A estatística é así… por exemplo as mulleres galegas temos 1,10 fillos; eu estou preocupadísima mirando os meus e pensando ónde vai o 90% que falta…

  5. No soy experto en el tema pero tal como lo veo la cosa es así:
    El ser humano tiene un genoma que contiene de 20.000 a 25.000 genes. Pongamos 25.000
    Marcelino y Dorotea tienen dos hijos: Herminio y Fulgencia (a efectos de cálculo a los hermanos podrímos denominarlos primos de grado cero) que con el concurso de terceros tienen dos hijos que, por tanto son primos en primer grado. Herminio hereda la mitad de los genes de Marcelino, igual que Fulgencia.. El hijo de Herminio heredará la cuarta parte de los genes de Marcelino, al igual que el hijo de Fulgencia, etc. Repitiendo el proceso vemos que cada generación siguiente heredará la mitad de los genes de Marcelino heredados por su padre. Siguiendo lineas divergentes, al llegar a la generación de primos de grado 11. Cada primo de grado 11 compartirá una cantidad de genes heredada de Marcelino igual a 25.000 multiplicado por uno partido por (dos elevado a 10). Es decir 24 genes de 25.000.
    ¡No es para tirar cohetes!

    • Ola Estatístico,
      Se tes algunha dúbida sobre a validez do dato, podes consultalo co doutor Antonio Salas, que che poderá explicar perfectamente o cálculo. Como se di no texto, é unha aproximación e un valor medio. De feito, en gran parte dos galegos, a consanguinidade é máis próxima que o 11º grao.
      Saúdos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.