Xoves 25 Abril 2024

A fórmula da felicidade de Hawking e outras 10 grandes frases

A busca da felicidade é unha teima do ser humano. Albert Einstein tiña unha fórmula para ser feliz, que foi revelada recentemente, tras aparecer nunha nota manuscrita, poxada por 1,3 millóns de euros. E outro gran físico, Stephen Hawking, tiña tamén unha idea do importante para atopar a felicidade: “Non importa cuán difícil a vida poida parecer porque perdes toda esperanza se non podes rir de ti mesmo e da vida en xeral”. A capacidade de rir dun mesmo semella importante para a saúde psicolóxica, e de feito algúns estudos xa o teñen sinalado nos últimos anos.

Pero Stephen Hawking, como o gran divulgador científico que foi, deixou tamén moitas frases para a historia. Recollemos as dez máis salientables, que resumen moitas claves do seu pensamento.

Publicidade

A razón de ser do universo: “Se atopamos a resposta a iso, sería o triunfo definitivo da razón humana, pois entón coñeceriamos a mente de Deus”. (Breve historia do tempo, 1988).

Deus: “Non é necesario invocar a Deus para prender a mecha e darlle inicio ao Universo”. (O Gran Deseño, 2010). (Hawking sinalou en moitas ocasións que non cría en Deus).

Buracos negros: “Einstein estaba trabucado cando dixo ‘Deus non xoga aos dados’. A consideración dos buracos negros suxire que Deus non só xoga aos dados, senón que ás veces nos confunde lanzándoos onde non podemos ver”. (A natureza do espazo e o tempo, 1996.

A imperfección do mundo: “Sen a imperfección, nin ti nin eu existiriamos”. (O universo de Stephen Hawking, Discovery Channel, 2010).

A morte: “Vivín coa perspectiva dunha morte temperá durante os últimos 49 anos. Non teño medo da morte, pero non teño présa en morrer. Hai tanto que quero facer primeiro…”. (Entrevista con The Guardian, 2011).

A eutanasia: “A vítima debe ter o dereito de poñer fin á súa vida, se así o quere. Pero creo que sería un gran erro. Por mala que a vida poida parecer, sempre hai algo por facer, e ter éxito niso. Mentres hai vida, hai esperanza”. (Citado polo People’ s Daily Online, 2006).

O contacto con extraterrestres: “Creo que sería un desastre. Os extraterrestres estarían probablemente moi adiantados respecto de nós. A historia de razas avanzadas que coñecen a xente máis primitiva neste planeta non é moi feliz, e eran da mesma especie. Creo que debemos quedar preocupados”. (En Alien Contacto, a canle de National Geographic, 2004).

A súa fama: “A desvantaxe da miña celebridade é que non podo ir a calquera parte no mundo sen ser recoñecido. Non é dabondo que me poña lentes de sol e unha perruca. A cadeira de rodas delátame”. (Entrevista coa televisión israelí, 2006).

O seu éxito de vendas: “Quero que os meus libros sexan vendidos en quioscos de aeroporto”. (Entrevista con The New York Times, 2004).

Tras ser diagnosticado con ELA: “As miñas expectativas reducíronse a cero cando tiña 21 anos. Todo desde entón foi un extra”. (Entrevista con The New York Times, 2004).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ilusión óptica do buraco negro que parece saír da imaxe

Unha nova investigación amosa unha ilusión óptica que engana ao ollo...

🔴 EN DIRECTO: Primeira imaxe dun buraco negro na Vía Láctea

Un equipo do Event Horizon Telescope revela unha información "sen precedentes" sobre Saxitario A* en varias roldas de prensa simultáneas arredor do planeta

Dopamina: o neurotransmisor que nos dá a felicidade, pero tamén nola quita

Intervén nunha gran cantidade de procesos como o control do movemento, a memoria, a recompensa cerebral e a aprendizaxe, entre outros

Fainos máis felices crer en Papá Noel e os Reis Magos?

A rapazada que cre durante máis anos nos seres máxicos do Nadal adoita ser máis feliz cando chega á idade adulta