Presentación en Padrón da cervexa con sabor a pementos.

Presentación en Padrón da cervexa con sabor a pementos.

Estrella Galicia lanza a cervexa de pementos de Padrón

O departamento de innovación presentou esta cervexa que conserva o sabor e un certo picor destes pementos

A empresa Hijos de Rivera presentou hoxe un novo fito do seu departamento de innovación: unha cervexa cun sabor novo, nunca feito no mundo. Trátase da cervexa con sabor a pementos de Padrón, que foi presentada no convento franciscano de Herbón coa participación do alcalde Antonio Fernández, e da presidenta da Pementeira, Milagres González.

Fábrica-de-Cervezas-EG-Pimientos-Padrón1

O obxectivo da firma cervexeira galega é “nha liña de cervexas de tempada que contará co lanzamento progresivo dunha gran variedade de receitas que terán como factor común ingredientes naturais 100% galegos”, explicou o conselleiro delegado, Ignacio Rivera.

“Os monxes franciscanos de Herbón son precisamente os responsables de introducir o cultivo dos Pementos de Padrón en España, tras traer a súa semente da zona fronteiriza entre Estados Unidos e México”, recordan en Hijos de Rivera.

A empresa galega explica que para a elaboración desta primeira cervexa de tempada “os nosos mestres cervexeiros incorporaron durante o período de garda os pementos de padrón enteiros, logrando así os aromas e sabores que singularizan unha cervexa onde o pemento e o picante teñen un especial protagonismo”.

A nova Estrella Galicia Pementos Padrón poderá degustarse tanto en barril como en botella de 50cl.. Poderá atoparse, nas próximas semanas, nunha selección de cervecerías de adega e insignias de alimentación. Trátase dunha edición limitada e exclusiva, de forma que só envasaranse 16.000 botellas.

En Galicia, xa se teñen desenvolvido cervexas tan orixinais como a de cogomelos que elabora a empresa Resetea. Ou a de grelos creada pola firma Champivil. Agora os pementos de Padrón chegan a este orixinal club.

3 respostas a “Estrella Galicia lanza a cervexa de pementos de Padrón”

  1. Txari

    Que boa idea! E como será distribuida maioritariamnete na Galiza, o etiquetado em….bueno….em castelán? Pimientos Padrón é máis internacional, nom é? O galego milhor para ps que tenhan que apanhar os pementos….sem desmerecer á cervexa em sí que de seguro estará boa…

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.