Sábado 20 Abril 2024

Estamos a cambiar o cheiro das flores?

As flores perfuman o mundo no que vivimos, pero quen perfuma ás flores? Un novo estudo liderado por Josep Peñuelas, profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), comprobou que se eliminamos con antibióticos os fungos e bacterias que viven sobre as flores, a cantidade e composición do seu perfume varía totalmente.
Todos recordamos a suave fragrancia de lavanda. O seu perfume característico provócano uns compostos químicos chamados compostos orgánicos volátiles (COV). Ata o de agora, sabíase que as plantas con flores utilizaban varias vías bioquímicas para producir un amplo abano de compostos orgánicos volátiles que conferían ás flores o seu propio aroma.

O estudo do CSIC variou o cheiro das flores só empregando un antibiótico

O estudo do CSIC, en colaboración coa Universidade Autónoma de Barcelona, descubriu agora que as flores cheiran a algo máis que a flores. Segundo o traballo publicado na revista Scientific Reports, os perfumistas do planeta non son só as flores, senón tamén os microorganismos e fungos que as recobren.
Os investigadores realizaron unha serie de experimentos nos que pulverizaron as flores do sabugueiro con antibióticos de amplo espectro. Nas plantas tratadas con antibióticos o contido floral interno de compostos volátiles e a respiración mostráronse estables, o que demostraba que os antibióticos non causaban danos nin estrés nas plantas. Pero a cantidade dos compostos aromáticos emitidos polas flores, que proporcionan o olor, diminuíron drasticamente. Por outra parte, os antibióticos modificaran tamén os tipos de compostos que emitía a flor: deixaron de xerar algúns compostos. Así pois, en xeral, o bouquet das flores de sabugueiro era completamente diferente ata sete días despois da pulverización con antibióticos.
O tema pode parecer menor. Unha cousa de perfumes. Pero non é así. Porque o cheiro  das flores permite a comunicación das plantas con outros organismos, como as abellas. Que son vitais para elas, porque son polinizadores. Ante a actual “crise da polinización“, producida en gran parte polo descenso de insectos que transporten o polen, o estudo pode achegar solucións. Josep Peñuelas apunta claramente: “Se os olores que guían aos insectos están producidos por fungos, haberá que revisar o uso de fungicidas nos cultivos“.
Así que todo ten importancia. Estaremos a variar o cheiro das flores?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte