Xoves 28 Marzo 2024

Envía o teu nome a Marte

NASA ofrece a posibilidade de que o teu nome figure nun microchip de silicio que levará a Marte o ‘aterrizador’ Insight, que en marzo do ano que vén parte cara ao planeta vermello para estudar a súa estrutura interna e que conta con tecnoloxía española. Só tes que inscribirte na web da campaña da axencia espacial estadounidense antes do 8 setembro.

Cartel da campaña da NASA.
Cartel da campaña da NASA.

No teu boarding pass figurarán datos da viaxe, como a distancia que percorrerá o teu nome (479.271.181 km) e o lugar de aterraxe: Elysium Planitia, a ‘chaira da felicidade ideal’.
De momento, a axencia emitiu preto de 110.000 tarxetas de embarque. Quen queira unha destas ‘boarding pass’ o único que necesita é entrar na Web habilitada pola NASA, rexistrar os datos persoais (Nome, email e país) e compartilo en redes sociais para difundir a iniciativa.
Non é a primeira vez que a NASA aposta pola colaboración cidadá. Xa no 2009 propuxo enviar nomes que se gravarían nuns chips integrados na misión do Curiosity, unha acción na que se rexistraron máis de 1.2 millóns de nomes que, finalmente, chegaron a Marte abordo do Rover en agosto do 2012.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón