A felicidade, a audacia ou a tensión poden herdarse da pais a fillos.

A felicidade, a audacia ou a tensión poden herdarse da pais a fillos.

É posible transmitir adiccións ou teimas xeneticamente?

A felicidade, a audacia ou a tensión poden herdarse da pais a fillos

Os ollos de mamá, a peculiar forma do nariz de papá ou os hobbies da túa irmá. Seguro que xa identificaches rasgos físicos e a forma de ser que herdaches dos teus. Pero o que seguramente descoñecías era que a felicidade, a esperanza de vida ou a adicción ó café tamén pode ser un legado directo de papá e mamá. A continuación amosámosche cinco herdanzas xenéticas do máis inesperadas.

A dita

A felicidade non se pode comprar, pero si herdar. Traballando cun milleiro de parellas de xemelgos idénticos e non idénticos, científicos da Universidade de Edimburgo chegaron á conclusión de que a metade dos trazos que nos fan ser persoas alegres e satisfeitas coas nosas vidas transmítense de xeración en xeración.

A isto súmaselle que un estudo do University College de Londres identificou un xene ligado a trastornos emocionais como a depresión, o xene 5-HTTLPR, transportador da serotonina ou molécula do benestar, que podería estar detrás do vínculo entre felicidade e xenética. De feito certas variantes deste xene explican polo menos nun 33% por que unhas persoas senten máis satisfeitas coa súa vida que outras.

A audacia

Que sexamos medentos ou destemidos pode depender en gran medida do legado xenético dos nosos proxenitores. Científicos do Centro de Investigación do Cancro Fred Hutchinson en EEUU identificaron un xene chamado neuroD2, implicado no desenvolvemento da amígdala ou centro cerebral das emocións, que pode explicar por que algúns non dubidan en lanzarse en paracaídas mentres outros se estremecen só de pensalo.

Segundo os investigadores, este xene controla a memoria emocional e a formación de respostas fronte a situacións que nos asustan. Estudos con roedores demostran que contar cunha soa copia deste xene xera comportamentos moito máis temerarios que ter dúas copias.

A afección ao café

Existen seis xenes relacionados coa resposta corporal á cafeína que poden determinar se es ou non afeccionado a esta beberaxe negra. Unha análise baseada en máis de 120.000 consumidores de café revelou que dous deses xenes relaciónanse co modo en que o organismo de cada persoa metaboliza a cafeína, outros dous están vinculados cos centros cerebrais de pracer que se estimulan tras consumilo, e un par máis está directamente conectado con como metabolizamos as graxas e os azucres.

A tensión

Reaccionas ben ante situacións de presión? Se che preguntan isto nunha entrevista de traballo, pensa no teu pai. Estudos científicos demostraron que cando o proxenitor masculino sofre problemas de tensións durante a súa adolescencia ou mocidade, no seu esperma queda unha pegada duradeira que pasa á descendencia e afecta negativamente á capacidade de resposta fronte á tensión.

Isto implica, ademais, unha propensión para padecer ansiedade e depresión, segundo podíase ler na revista ‘Journal of Neuroscience’.

A esperanza de vida

As letras escritas en certos fragmentos do ADN que che transmitiron os teus pais pode sumarche ou restarche de 1 a 3 anos de vida. Así se desprende dun estudo británico dado a coñecer en ‘Nature Communications’, que a partir de datos de 150.000 individuos revela que máis de dúas terceiras partes de nós herdaremos ou ben unha variante dun xene que predispone a sufrir cancro de pulmón e problemas respiratorios, ou ben a variante doutro asociado co Alzhéimer e o colesterol alto, o que supón falecer un ano antes. Tres de cada mil persoas herdarán ambos, vendo minguar a súa lonxevidade ata tres anos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.