Pacu

Exemplar de Pacú.

É certo: o peixe morde-testículos existe

A especie, nativa do Orinoco, comeza a instalarse en Europa e América do Norte

Aínda que pareza unha lenda urbana, ou rural, é certo: o peixe morde testículos existe, e estendeuse desde o seu hábitat natural, no río Orinoco, na Amazonia, para comezar a instalarse en Europa e América do Norte.

Nos últimos meses, os achados de exemplares lonxe do Orinoco multiplicáronse. Segundo informou recientemente o xornal británico Daily Star, foi achado noutros ríos e lagos debido á actividade de pescadores e particulares que o introduciron en distintos ecosistemas. O incremento das temperaturas polo quecemento global favoreceu a súa expansión.

Da familia da piraña, é coñecido pola súa afección a engancharse as partes íntimas dos homes

En Estados Unidos o come-testículos comeza a converterse nun problema. Foi localizado en lagos de Texas, Nova Jersey e Washington, o que levou ao departamento de Protección Ambiental a emitir unha alerta que obriga aos que capturen algún exemplar a eliminalo, en lugar de devolvelo ao auga. Tamén foron localizados en ríos e lagos de Francia e Suecia.

O peixe come-testículos chámase Pacú e pertence á familia das pirañas, aínda que dispón dunha dentadura diferente. É coñecido pola súa afección a engancharse ás partes íntimas dos homes, feito ao que debe o seu inquietante nome, aínda que a súa comida favorita son as noces, a froita e outros pequenos peixes. “Pero os testículos son un obxectivo perfectamente natural”, explicaba en 2013 Henrik Carl, experto do Museo de Historia Natural sueco. Precisamente ese ano apareceu o primeiro exemplar en augas europeas, concretamente en Øresund, no estreito entre Suecia e Dinamarca.

Non se trataría dun animal especialmente perigoso para o ser humano -cabería matizar que especialmente para as mulleres-, pero reportáronse abundantes incidentes en diversos países onde algúns homes foron mordidos nos testículos, segundo aseguraba Carl, quen explicou que morden por fame e que teñen unha boca perfectamente adaptada a esa parte do corpo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.