Venres 29 Marzo 2024

Desvelan a vestimenta da momia Ötzi no momento da súa morte

Investigadores de Italia e Irlanda estudaron a composición das pezas que vestía Ötzi -a momia da Idade do Cobre atopada hai 25 anos nos Alpes italianos– e chegaron á conclusión de que están feitas coas peles de polo menos cinco especies diferentes de animais, entre elas o oso pardo e o corzo. Os resultados publicáronse na revista Scientific Reports, do grupo Nature.

O 19 de setembro de 1991 dous alpinistas alemáns nos Alpes de Ötztal -na fronteira de Austria e Italia- atoparon un misterioso cadáver a 3.200 metros de altitude. Ao principio pensouse que se trataba dun alpinista moderno, pero en realidade era unha momia natural cunha antigüidade de 5.300 anos, moi ben preservada polo xeo, que ofreceu unha visión sen precedentes dos europeos do Calcolítico.

Publicidade

Durante máis de dúas décadas, os restos de Ötzi foron sometidos a todo tipo de análises. Os resultados proporcionaron coñecementos sobre a súa ascendencia, dieta, ferramentas, estilo de vida e saúde. Con todo, a orixe da súa vestimenta non fora estudado a fondo ata agora, a pesar de estar relativamente ben conservada.

Para o seu estudo, un equipo do Institute for Mummies and the Iceman (Bolzano, Italia) e da Universidade de Dublín secuenciou os xenomas mitocondriales de nove fragmentos de coiro da roupa e de fúnda de frechas que se atoparon coa momia. Os investigadores comprobaron que o chapeu está feito de pel de oso pardo e que a funda para frechas é de pel corzo.

Utensilios de Ötzi. De esquerda a dereita, daga de pedra, arcos, funda de frechas de coiro, fungo yesca, fungo de bidueiro e cortiza de bidueiro. / Institute for Mummies and the Iceman.
Utensilios de Ötzi. De esquerda a dereita, daga de pedra, arcos, funda de frechas de coiro, fungo yesca, fungo de bidueiro e cortiza de bidueiro. / Institute for Mummies and the Iceman.

Mentres que estudos anteriores asociaran ao “home de xeo” -como tamén se coñece á momia- cunha actividade agropastoril, os científicos cren que o chapeu e a funda proporcionan evidencia da caza e captura de animais silvestres.

Os autores atoparon ademais que o escudo é unha combinación de polo menos catro peles de dúas especies: cabra e ovella. As polainas, do mesmo xeito que o abrigo, tamén están feitas con pel de cabra e os cordóns dos zapatos son de pel de vaca. Estes resultados apoian a idea de que os individuos da Idade do Cobre seleccionaban especies con atributos específicos na fabricación de pezas de vestir, segundo os científicos.

Podes consultar aquí o estudo completo
da revista Scientific Reports.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Autopsia a unha momia de serea

Por Iria Souto Castro, investigadora de Historia Antiga na UVigo

Descobren os restos intactos dun cachorro de león cavernario de 28.000 anos

Descuberto conxelado no permafrost siberiano, está tan ben conservado que aínda se poden distinguir todos e cada un dos seus bigotes

Atopan centos de momias e a pirámide dunha raíña descoñecida na capital de Exipto

No aniversario dos 100 anos do descubrimento da tumba do rei Tutankamón, os arqueólogos descobren centos de tumbas e momias enterradas en Giza

Un equipo de científicos recrea a voz dunha momia 3.000 anos despois da súa morte

Os científicos imprimiron en 3D o tracto vocal para poder escoitar o son