Xoves 28 Marzo 2024

Desmontada cientificamente a falacia do “sexo débil”

Científicos da Universidade de Granada amosan, por primeira vez, que existe unha asociación entre o xénero do neonato e a súa capacidade para afrontar o estrés oxidativo e os procesos inflamatorios, un feito que podería condicionar como se enfrontan a futuras patoloxías postnatais. O traballo conclúe ademais que o parto dunha nena é menos agresivo para a nai que o dun neno.

O estudo demostra cientificamente que as nenas recentemente nadas presentan unha maior defensa antioxidante e un menor dano oxidativo nas membranas celulares que os nenos, ademais dunhas maiores actividades encimáticas antioxidantes. Noutras palabras: responden mellor ó estrés que eles.

Publicidade

Ademais, as nais que dan a luz nenas presentan unha maior defensa antioxidante do seu organismo e menos dano ás principais biomoléculas, en comparación coas nais que dan a luz a nenos, ademais dun menor proceso inflamatorio durante o parto, feito que tamén se observaba nas nenas recentemente nadas con menores niveis de interleukinas proinflamatorias.  É dicir: o parto dunha nena é menos agresivo para a nai que o dun neno.

O parto dunha nena é menos agresivo para a nai que o dun neno

Ata a data, non existían estudos deste tipo na literatura científica, xa que todos os dispoñibles avaliaban o estrés oxidativo e inflamación e adultos. Trátase, por tanto, do primeiro estudo que avalía o estrés inducido nas nais e as súas neonatos na etapa perinatal, arroxando luz sobre como se poden enfrontar ás agresións oxidativas da súa vida postnatal.

Este traballo multidisciplinar, publicado na prestixiosa revista Pediatric Research, do grupo Nature, demostrou que as nenas recentemente nadas e as súas nais enfróntanse de maneira máis eficaz á agresión que supón o parto en comparación cos nenos e as súas nais, e revela unha clara asociación entre o xénero do neonato, o proceso oxidativo e a sinalización inflamatoria.

Como explican os investigadores principais deste traballo, Julio José Ochoa Herrera e Javier Díaz Castro, do departamento de Fisioloxía da UGR, “ábrese así un interesante campo de investigación que se centra no sexo do neonato como factor de risco para varias alteracións funcionais, con importantes repercusións na esperanza de vida e desenvolvemento de patoloxías na súa vida futura”.

Para levar a cabo esta investigación, os científicos traballaron cunha mostra formada por 56 mulleres sas embarazadas, das que 27 deron a luz a nenos e 29 delas alumaron a nenas no Hospital Clínico de Granada.

Tras o parto, os investigadores obtiveron mostras de sangue da vea e arteria do cordón umbilical e do neonato, que se procesaron adecuadamente para as análises de estrés oxidativo e avaliación da sinalización inflamatoria.

O xénero do neonato inflúe no desenvolvemento de patoloxías futuras

Os resultados obtidos indicaron que as nenas se enfrontan mellor ó estrés oxidativo e inflamación, xa que posúen uns sistemas encimáticos máis maduros no momento do nacemento, limitando o dano ás células e mellorando o seu metabolismo celular, por tanto o xénero do neonato postúlase como un factor que non só condiciona o proceso do parto, senón que inflúe no desenvolvemento de patoloxías futuras.

“Por tanto,o xénero do bebé non só inflúe en como a nai afronta o proceso do parto,  senón que condiciona a forma na que os neonatos enfróntanse á contorna hiperóxica que constitúe o ambiente extrauterino, mostrándose o sexo do neonato como un factor condicionante en relación a múltiples alteracións funcionais con importante repercusión para a nai durante o postparto e para o bebé durante o resto da súa vida”, conclúen os autores.

Aquí podes atopar o artigo científico
publicado en Pedriatic Research, do grupo Nature

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os defensores da orixe galega de Colón investigan a súa relación cos Soutomaior por vía materna

Está previsto que os resultados das análises xenéticas da Universidade de Granada, que só analizan a liña paterna, se fagan públicos en xullo

Atopan restos óseos na necrópole de Poio onde buscan a orixe galega de Cristóbal Colón

Os arquéologos cren que os ósos poden ter máis de 200 ou 300 anos segundo as pezas de cerámica que apareceron na exhumación

“Pontevedra é o único sitio do mundo onde se documenta o apelido Colón no século XV”

O presidente da asociación que defende a orixe galega do almirante confirma a realización de dúas exhumacións para corroborar ou refutar a teoría

Parálise do sono, unha experiencia aterradora (pero a miúdo sen consecuencias)

Arrredor do 50% das persoas poden experimentar algunha vez un destes episodios, que poden afectar á poboación xeral e a individuos sans