As cápsulas analizan o aire intestinal e transmiten os datos desde dentro do corpo.

As cápsulas analizan o aire intestinal e transmiten os datos desde dentro do corpo.

Deseñan cápsulas robot para cheirar flatulencias

Investigadores de Australia crean pílulas robóticas tragables que analizan o aire intestinal para previr enfermidades

Deseño da cápsula robot intestinal.

Deseño da cápsula robot intestinal.

As flatulencias adoitan producir malestar e dor. Agora, investigadores de Australia atoparon o xeito de aproveitar estes gases para diagnosticar doenzas gastrointestinais. Propoñen analizar estes gases con sensores inseridos en cápsulas que se poden tragar para transmitir datos dende os intestinos. Serían unhas ‘cápsulas robot‘ coa capacidade de ‘cheirar’ as flatulencias e transmitir a información en tempo real.

Durante a dixestión dos alimentos, os microorganismos intestinais producen gases, que se traducen en malestar para as persoas que os sofren. Os métodos actuais, como o test do alento, non reflicten con exactitude a composición do aire que se atopa no intestino. Sábese que as bacterias redutoras de sulfato producen sulfuro de hidróxeno, con olor a ovos podres; mentres que as arqueas metanoxénicas producen metano, que é un gas inodoro.

Os gases poden relacionarse con intestino irritable ou cancro de colon

Un novo estudo liderado por expertos do Instituto Real de Tecnoloxía (RMIT) en Melbourne (Australia), afirma que os gases que se producen nas nosas tripas poden contribuír á aparición de enfermidades gastrointestinais, como a síndrome do intestino irritable, a enfermidade inflamatoria intestinal e o cancro de colon.

O traballo, publicado na revista Trends in Biotechnology, indica que o aire intestinal pode ser útil como biomarcador. Para medir os gases, os autores propoñen crear dispositivos electrónicos con forma de pílula tragable. Estas pequenas cápsulas-robot ‘cheiran’ as flatulencias e poden enviar a información fora do corpo, en tempo real.

Estas cápsulas constan dunha carcasa protectora, unha membrana permeable aos gases, un sensor de gas, un microprocesador e transmisor inarámico para transferir os datos, e unha pequena batería.

“Poden impactar na industria médica e os sectores de saúde pública” explica o investigador principal, Kalantar-Zadeh, “e poden aforrarse moitos cartos na prevención de futuras doenzas intestinais”.

Podes ler máis sobre esta investigación
neste artigo de Trends in Biotecnology

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.