A orexina incide no consumo abusivo de doces.

A orexina incide no consumo abusivo de doces.

Descobren a molécula que regula a enchenta de larpeiradas

A orexina provoca que o cerebro sinta fame de doces, aínda despois dunha perfecta alimentación

Un estudo da Universidade de Almería demostra, en ratos, a participación da molécula orexina na inxestión excesiva e intermitente de azucres, unha enchenta de larpeiradas que afecta a algunhas persoas. E que supón un xeito de comer que pode desenvolver trastornos alimentarios como a bulimia. O traballo abre a porta a novos tratamentos farmacolóxicos que axuden a tratar este tipo de patoloxías.

A orexina é un neurotransmisor, un elemento encargado de enviar ao cerebro mensaxes relacionadas co proceso de nutrición. “Entre as súas funcións está a de regular a alimentación basal, aquela que busca a achega de enerxía necesaria para o organismo, é dicir, a mensaxe de ‘como porque teño fame”, describe a investigadora principal deste proxecto, Inmaculada Cubero.

O problema para algunhas persoas coas orexinas e que, despois de alimentarse perfectamente, seguen a comunicar ao cerebro que é necesario consumir larpeiradas. A mensaxe sería: ‘Continúa comendo porque o sabor é agradable’.

A investigación abre a vía dun futuro fármaco para a bulimia

O artigo, publicado na revista Behavioural Brain Research, recolle os ensaios realizados en laboratorio con ratos, sometidos a un modelo de consumo en enchente. Así, durante dúas horas ao día, ao longo de catro xornadas, os animais tiñan a oportunidade de alimentarse cunha solución doce formada por sacarina ou sacarosa disolta en auga, ademais da súa comida habitual. Posteriormente, adminístranlles unha substancia antagonista á orexina que impide o funcionamento normal desta. A partir dese momento, o consumo de alimento doce redúcese entre un 70 e un 80%, o que revela que esta molécula é a responsable de seguir a comer doces cando o lóxico sería que o mecanismo da fame se teña detido.

Como explica a responsable da investigación: “Todos temos orexina pero nin a sintetizamos igual, nin na mesma cantidade nin co mesmo ritmo. Son estas diferenzas biolóxicas a base desa vulnerabilidade e, polo tanto, do posible desenvolvemento de adiccións co tempo”. Así que, ante unha enchenta de larpeiradas, xa temos unha molécula á que botarlle a culpa: o seu nome é orexina. E semella a responsable de que, ás veces, comamos doces a fartar.

O equipo de investigación da Universidade de Almería.

O equipo de investigación da Universidade de Almería.

Unha resposta a “Descobren a molécula que regula a enchenta de larpeiradas”

  1. Susana

    Moi interesante o estudo, dende logo! Aínda que, no sitio de buscar unha solución paliativa cun fármaco, non sería máis interesante dar coa orixe deste desequilibrio homeostático? A partir de qué se sintetiza esta molécula? Qué alimentos ou pautas no estilo de vida favorecerían a homeostase inherente ao corpo humano san??? O “tratamento” supoño que sería máis longo, lento e incluso duro (ao igual que o estudo preciso para obter estas respostas)… pero máis eficaz tamén, diso non me cabe dúbida.

    É coma o conto de: dalle un peixe a un home, e comerá un día; ensínalle a pescar, e comerá toda a vida.

    Lin que tamén se presenta alta en outro tipo de adiccións (á cocaína, á nicotina…). Coido que é un foco de tremenda importancia na sociedade na que vivimos. Conto con que se topen novas achegas que beneficien a saúde global.

    Gracias pola info! Saúdos!!

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.