Sábado 20 Abril 2024

As crenzas pseudocientíficas prexudican a saúde

Un recente estudo das universidades de Deusto e Nova Gales do Sur (Australia) demostra que as persoas que confían en tratamentos baseados en pseudociencia teñen dificultades para recoñecer que outros con eficacia cientificamente demostrada aínda que provoquen efectos beneficiosos. Os resultados do traballo acábanse de publicar na revista British Journal of Psychology.
A investigación pode axudar a comprender porqué as persoas toman decisións de saúde na súa vida diaria, como, por exemplo, á hora de decidir seguir ou non o tratamento prescrito polo médico, segundo os autores.
A cuestión que se propuxeron abordar os investigadores foi a seguinte: Pode o feito de crer nunha terapia pseudocientífica (é dicir, ineficaz) facer que unha persoa sexa menos propensa a percibir a eficacia dun tratamento probado cientificamente? Esta investigación podería explicar por que hai persoas que, en favor de terapias pseudocientíficas, rexeitan a medicina convencional, o que pode levar a nefastas consecuencias.
Segundo sinala Ión Yarritu, investigador da Universidade de Deusto e un dos autores do estudo, as persoas desenvolvemos a cotío falsas crenzas sobre as causas que producen os sucesos que vemos ao noso arredor. Chamamos a isto ‘ilusión causal’. “Un exemplo deste tipo de ilusións é a chamada Ilusión de control, fenómeno que describe a tendencia moi habitual a atribuír ás nosas propias habilidades que sucedan eventos favorables, que en realidade son incontrolables“, explica o investigador. Un razonamento típico sería: “O meu equipo de fútbol gañou hoxe porque puxen os meus calcetís vermellos”.

A ilusión causal afecta o mesmo que a chamada ilusión de control

Malia que estas falsas crenzas “poden en ocasións ter efectos psicolóxicos beneficiosos, como a tranquilizadora sensación que produce sentir o control sobre as nosas vidas, non están exentas de riscos”, agrega.
Na investigación participaron 147 voluntarios divididos en dous grupos. Durante a primeira fase do estudo un dos grupos desenvolveu unha forte ilusión causal que fixo xerminar a falsa crenza de que unha medicina (ficticia) producía a recuperación duns pacientes (tamén ficticios). O outro grupo tamén desenvolveu esta ilusión pero en menor grao.
O resultado foi que os que confiaban no falso medicamento remataron por non crer en absoluto no verdadeiro, cando non eran excluíntes e, ademáis, o remedio real demostraba que si funcionaba.
Os autores do estudo cren que o seu traballo explica os principios psicolóxicos que levan aos seguidores da pseudociencia a desprezar os medicamentos reais, mesmo tendo evidencias claras que de que funcionan. E deixan de tomalos, consumindo somentos os falsos, aínda que non sexan excluintes.

Publicidade

1 comentario

  1. Caramba! Aplicar reiki a un paciente enfermo de cancro podendo reducir o tamaño do tumor e/ou paliando os efectos devastadores da quimioterapia perxudica a saúde deste individuo? Non mo parece… o que me parece é que faltan estudos que a certos organismos non lles convén apoiar -falamos de cartos- porque as farmacéuticas moven montañas… e entraría nun tema que nin me gusta nin me interesa tocar.
    So touching… carai…
    Persoalmente, reneguei dun tratamento psiquiátrico que me tiña “aparvada” literalmente, despois de 5 anos que nin quero recordar… Somnolencia constante, falta de vontade, ralentizamento bestial do pensamento, case imposibilidade para recordar case nada… estábanme a aniquilar o sistema nervioso sen se despeitear sequera! E eu, na miña apatía e boa disposición… tragaba sen máis, e avante… total… tanto me tiña todo; era unha absoluta anestesia.
    Non se trata de rexeitamentos, trátase de comprensión, amplitude de miras, comunicación e encontro nun punto medio. Trátase de investir máis no descoñecido… de querer buscar os por qués do que non se entende a priori, en vez de descartalo e/ou menosprezalo por sistema.
    Nota: en absoluto recomendo a ninguén o que eu fixen, porque o “efecto rebote” da carencia de tal medicación consumida durante 5 anos foi, cando menos, dura de nabo!
    Nota2: os médicos deberían informar mellor dos efectos secundarios do que che receitan… e máis cando supoñen que o tratamento sería vitalicio. Deberíase estudar con máis profundidade as características fisiolóxicas e/ou emocionais do paciente; ter en conta a gravidade do asunto, informar e preguntarlle se está disposto/a a sufrir tales consecuencias (dos efectos secundarios). Sei que todo isto é carísimo e resulta aparentemente inviable… pero a min, muller de 30 anos, que se me imposibilite quedar embarazada por tremendos perxuízos fetais que se puidesen causar… perdón, pero quedo no lado das pseudociencias. Póñome en “mood Belén Esteban”, pero coa vida dos fillos que desexo ter, non se xoga.
    Asdo: Unha estudante de dietética que renegou dun “medicamento real” por querer demostrar que outras formas de curación son posíbeis. Pode que aínda o pase mal a ratos, pero a vitalidade e lucidez que recobrei nos últimos meses… vaia, é impagable! Enriba afórrolle á S.S. 160 euros mensuais! E, por se fose pouco, aínda conto con aforrarlle máis disminuíndolles os pacientes..
    En fin! Perdón pola extensión, pero tocoume ben o tema! Espero que se tomen a ben as miñas críticas. Ningún ánimo de ofender o mundo científico, senón de achegar un punto de vista “do outro lado”, no que somos moitos… e non tolos, senón faltos de comprensión e investimento. Saúdos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores galegos participan nun ensaio para un fármaco oral contra a covid

O equipo analizou a eficacia e seguridade do medicamento para doentes ambulatorios da enfermidade

A procura para converter o cánnabis nun potente medicamento

A marihuana resulta prometedora para tratar enfermidades como a depresión, a artrite e a epilesia

Ata que punto é seguro o Nolotil?

O antiinflamatorio produce reaccións adversas nocivas cun uso incorrecto. Se se administra adecuadamente é eficaz para determinadas doenzas

Aprobado o primeiro fármaco oral para tratar a alopecia areata grave

A enfermidade causa a perda temporal ou definitiva do cabelo e pode afectar a calquera parte do corpo