Mércores 24 Abril 2024

Crean un alcol sintético que non deixa resaca

Un grupo de científicos británicos liderados por David Nutt, investigador do Imperial College de Londres, descubriu unha substancia sintética que imitaría os efectos embriagadores do alcol pero que non intoxicaría o organismo. O ‘alcosynth’, como o denominan os seus creadores, reproduciría a mesma sensación de bebedeira que causa o etanol, pero sen os seus efectos adversos. É dicir, non máis resacas, non máis enfermidades do fígado ou do corazón, non máis problemas psicolóxicos.

O mencionado ‘alcosynth’ estaría baseado nunha benzodiazepina, un psicotrópico que xa se emprega en medicina para tratar a ansiedade, o insomnio e outras doenzas semellantes. Non en tanto, ante as implicacións económicas que tería este descubrimento para a industria das bebidas alcohólicas, o investigador mantén o máximo segredo sobre a súa fórmula. Polo de agora, haberá que esperar para probala, porque non estará no mercado ata dentro duns anos.

Publicidade

David Nutt, creador do 'alcosynth'.
David Nutt, creador do ‘alcosynth’.

Porén, e ante as críticas sobre os riscos de adicción a este composto, Nutt sinala que o ‘alcosynth’ non actúa cos receptores nerviosos que xeran condutas de adicción. “Coñecemos en que parte do cerebro se manifestan os bos efectos do alcol, e podemos imitalos. E se non tocamos as partes onde se experimentan eses malos efectos, non os teremos”, declarou Nutt a The Independent.

Este científico sostén que o seu invento contribuiría a paliar os problemas de saúde pública causados polo consumo de alcol. Segundo a OMS, o consumo nocivo desta droga legal está detrás de 3,3 millóns de mortes cada ano en todo o mundo. O ‘alcosynth’, según Nutt, reduciría esta cifra e, amais, podería ser unha ferramenta moi efectiva nos tratamentos de rehabilitación de alcolismo.

Amais desta substancia, David Nutt e o seu equipo tamén traballan na elaboración dunha pílula chamada chaperona, que limitaría os efectos deste alcol sintético co fin de previr situacións de posible malestar físico.

Non é a primeira vez que Nutt se sitúa no centro da controversia pola súa opinión sobre o alcol. No ano 2009, foi destituído como asesor do goberno británico en asuntos de drogodependencia tras publicar un estudo no que argumentaba que o éxtase era menos perigoso que montar a cabalo e que o alcol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis de 5.000 menores galegos teñen un trastorno por uso de videoxogos

O proxecto de lei da Xunta sobre a prevención de adiccións tamén regulará o consumo de bebidas enerxéticas, alcol e 'vapers'

Expertos galegos, nun estudo “pioneiro en Europa” sobre o uso da tecnoloxía na adolescencia

O catedrático da USC Antonio Rial dirixe a iniciativa, impulsada por UNICEF España, que advirte das vantaxes e riscos para a mocidade

A Unidade de Tabaquismo da USC inicia un programa en liña para deixar de fumar

A iniciativa, gratuíta, está impulsada por investigadores da Facultade de Psicoloxía e ofrece un plan paulatino para frear a adicción

Investigadores galegos preparan un ensaio para frear a Covid-19 con etanol inhalado

O Clínico de Santiago recibe a autorización para iniciar un ensaio clínico fase II, destinado a grupos vulnerables na fase inicial da infección