Venres 29 Marzo 2024

Convivimos con máis de 100 ‘bichos’ nas nosas casas

Os humanos compartimos os nosos fogares con máis de 500 tipos de artrópodos, animais entre os que se atopan os insectos, as arañas ou os ácaros. En cada zona do planeta Terra hai diferenzas en canto a especies, pero asombra a diversidade de vida que comparte habitación connosco.

O último censo sobre ‘bichos’ nos fogares foi realizado en Raleigh, unha cidade estadounidense de algo menos de medio millón de habitantes. Nun traballo liderado por Matt Bertone, da Universidade Estatal de Carolina do Norte, visitáronse 50 casas, habitación por habitación, en busca de artrópodos vivos ou mortos.

Publicidade

No traballo, publicado na revista PeerJ, contan que atoparon 579 especies, con entre 32 e 211 por fogar (100 de media aproximadamente). As especies recollidas con maior frecuencia foron moscas, arañas, escaravellos, formigas e piollos dos libros. Nunha nota da súa universidade, Bertone aclara que, aínda que coleccionaron “unha diversidade extraordinaria destas criaturas, non queremos que a xente teña a impresión de que todas estas especies viven realmente nos fogares; moitos dos artrópodos que atopamos, claramente chegaran desde o exterior, transportados en flores cortadas ou introducidos accidentalmente doutros modos. Porque non están preparados para vivir nas nosas casas e habitualmente morren bastante rápido”, engade.

Só en cinco das 554 habitacións nas que se tomaron mostras non se atopou ningún espécime, pero Bertone aclara que a gran maioría destes animais non supón ningún problema para os humanos. “Tratábase ou ben de compañeiros de habitación pacíficos, como algúns tipos de araña atopadas no 65% das habitacións ou visitantes accidentais como os cicadélidos”.

Unha vez coñecida esta biodiversidade descoñecida nos fogares, os investigadores queren analizar como é a súa convivencia cos humanos, observando por exemplo se son portadores de microorganismos que efectos beneficiosos ou prexudiciais para a saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Morder a lingua… e comulgar con rodas de muíño

A posverdade e a corrección política son dous termos que naceron nas universidades estadounidenses e que representan dous síntomas da nosa “sociedade líquida”

Tres investigadores da USC realizarán estadías en EEUU grazas ás bolsas Fulbright

Carlos Ferrás Sexto, José Manuel Miranda López e Alberto Ruano Raviña participan nun programa de intercambio científico con máis de setenta anos de historia

Falece o primeiro paciente en recibir un corazón de porco

O hospital continúa investigando para coñecer a causa do pasamento, aínda que tamén recoñece os episodios infecciosos que atravesaba David Bennet

Un equipo de Estados Unidos anuncia a primeira curación dunha muller con VIH

Consegue quedar libre do virus grazas a un transplante de sangue de cordón umbilical, posto que tamén padecía un tipo de leucemia