Combustible para motores diésel a partir do aceite de fritura.

Combustible para motores diésel a partir do aceite de fritura.

Combustible para motores diésel a partir do aceite de fritura

Científicos pescudan a clave para crear un biocombustible que cumpra coa normativa europea

O aceite das frituras pode convertese en biodiésel, un biocombustible que pode substituír ós derivados do petróleo e que contamina moito menos. Sen embargo, para poder utilizalo como combustible de vehículos diésel, debe ser un fluído puro, tal e como establece a normativa europea. Científicos da Universidade Complutense de Madrid pescudaron cando se consegue esta pureza: cando a acidez do aceite de fritura non supera o 2%.

“A calidade do aceite inflúe moito no desenvolvemento do biodiésel”, explica Jose Aracil, catedrático de Enxeñería Química da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Nun estudo publicado en revístaa Fuel, Aracil e o seu equipo determinaron o nivel de acidez a partir do cal, o biocombustible obtido pódese utilizar en vehículos diésel. “Con niveis de acidez por encima do 2% non se pode conseguir un biodiésel que cumpra as especificacións europeas”, explica Aracil.

 “Os aceites de peor calidade empréganse para grandes motores, como os dos barcos”

Ademais, os investigadores determinaron a influencia da acidez dos aceites usados no contido en monoglicérido, diglicérido e triglicérido dos biodiéseles obtidos e comparáronos cos recolleitos na normativa europea EN 14214, onde se regulan estes aspectos.

Os científicos tiveron en conta o índice de oxidación dos fluídos, é dicir, as veces que se utilizaron previamente. Canto máis se han usado, peor é a súa calidade, e iso repercute na pureza do biodiésel.

O máximo nivel de pureza do biofuel conseguírono con temperaturas baixas (de 30 graos) e un 0,8% de concentración do catalizador -sustancia que aumenta a velocidade dunha reacción química-. Todos os aceites de fritura foron proporcionados por un xestor de residuos.

Grazas a estes resultados, para saber se un aceite é apto para xerar biodiésel, bastará con medir o seu grao de acidez, segundo o experto.

O biocombustible, producido nunha planta piloto instalada no laboratorio Deseño, Optimación e Escalado de Procesos Industriais da UCM, podería utilizarse como combustible para vehículos con motor diésel ao cumprir os parámetros que establece a norma comunitaria.

“Os de peor calidade empréganse para grandes motores, como os do transporte marítimo”, destaca o catedrático.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.