cocinar

A capacidade para cociñar distínguenos do resto das especies / Leslie Seaton

Cociñar aumenta o tamaño do noso cerebro

Cando inxire alimentos cociñados, o estómago consume menos enerxía, que pode ser dirixida cara a materia gris

Un dos elementos que diferencia ó home do resto dos animais é o desenvolvemento dos alimentos cociñados. Mais por que nos afastamos dos alimentos crus? A ciencia ocupouse do asunto, con conclusións sorprendentes. Resulta que cociñar aumentou o tamaño do noso cerebro, ademais de asegurar a supervivencia da especie e facernos máis sociables. Tamén permitiu a migración a outros territorios e dotounos de identidade cultural.

O desenvolvemento do home, sosteñen os expertos, disparouse cando un mono empezou a cociñar, segundo se fai eco unha recente reportaxe da BBC. O primatólogo e antropólogo da Universidade de Harvard, Richard Wrangham, someteuse á mesma dieta dos chimpancés que estudaba e rematou extremadamente famento. Porque cocer os alimentos permite sacalles máis enerxía, fundamental para o desenvolvemento intelectual da especie.

“Os nosos antecesores lograron un grande avance cando puxeron a comida ao lume”, asegura Wrangham. “O aumento de enerxía permitiulles ter bebés máis rápido, os bebés e eles vivían mellor, os seus sistemas inmunes melloraron”.

Non está claro cal foi o momento no que os nosos antecesores empezaron a cocer os seus alimentos. Hai evidencia de lume con restos de comida hai uns 150.000 anos, pero un descubrimento en África podería probar que se cociña dende hai un millón de anos. “O que diferencia os humanos do resto dos primates é que temos un aparato dixestivo moi pequeno, dentes pequenos, bocas pequenas e un estómago pequeno. E isto pode notarse a partir de hai dous millóns de anos”, sinalou o primatólogo e antropólogo de Harvard. “Cocer fíxonos humanos”.

O seu argumento de que o noso sistema dixestivo cambiou hai dous millóns de anos coincide co repentino crecemento dos nosos cerebros. Cando comemos, o sangue do resto do corpo vaise ao estómago. “Un estómago activo consume moita enerxía”, explicouWrangham. “Un estómago pequeno consume menos enerxía, que pode ser dirixida cara ao cerebro”.

Podes ler máis sobre a investigación
nesta reportaxe da BBC

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.