Cal é o día da semana no que morre máis xente?

Cal é o día da semana no que morre máis xente?

Cal é o día da semana no que morre máis xente?

Un estudo establece unha relación entre as causas dos falecementos e o día da semana no que se producen

Cal é o día da semana no que falecen máis persoas? E no que morre menos xente? Cales son as principais causas de mortalidade segundo sexa luns, martes ou fin de semana?. Un grupo de investigadores do Centro para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC) de EEUU conseguiu establecer unha relación entre a frecuencia das mortes que se producen e os días da semana.

Os datos do CDC de Estados Unidos, revelaron que no transcurso destes anos, producíronse máis de 39 millóns de falecementos. De todos eles, o día con máis número de mortes é o sábado con 5,7 millóns de defuncións. Por contra, o día da semana que morre menos xente é o domingo con 5,6 millóns.

As causas dos falecementos tamén varían segundo o día da semana no que se producen. Así, os luns adóitanse morrer máis persoas dun ataque ao corazón e o día que menos, os xoves. Os sábados, a causa de falecemento máis frecuente é unha sobredose de drogas, e o día que menos mortes prodúcense por este motivo é o martes. O sábado, ademais, é o día de maior índice de mortes por accidentes automobilísticos. Outros datos destacados son que o domingo é o día no que máis decesos prodúcense por feridas de bala e os martes o día de maior número de falecementos por gripe e pneumonía.

O día con máis mortes é o sábado; o domingo, o que menos

O resto das causas de morte máis habituais son: diabetes, suicidio, cancro, derrame cerebral, alzhéimer, enfermidades renais e enfermidades do aparello respiratorio. As menos comúns son os envelenamentos producidos por un animal ou por unha planta.

Con todo, coñecendo a relación entre o día no que se producen as mortes e  as causas das mesmas, establécese esta desagregación por días:

Luns: Os ataques ao corazón alcanzan o seu máximo este día cun total de 348.206 ataques cardíacos fatais recollidos polo CDC.Todos eles independentemente da idade ou o sexo dos individuos.

Martes: Día de maior número de rexistros de morte por gripe e pneumonía. En total 134.567 casos. É o día que menos accidentes de tráfico prodúcense; apenas houbo 28.523 mortes durante 15 anos.

Mércores: É o día no que se produciron a metade de todas as mortes no período de seguimento do estudo: 5.606.470.

Xoves: É o día de menos mortes por ataques ao corazón, diabetes e armas de fogo.

Fins de semana: Os accidentes de coche levan a palma: 309.206 mortes. Os falecementos por armas de fogo tamén destacan os fins de semana. Finalmente, respecto ao falecemento por unha planta velenosa ou animal velenoso, o sábado foi o día de menor número de decesos.

Podes consultar as estatísticas de causas de morte
neste enlace da CDC

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.