Xoves 18 Abril 2024

Atopan os xenes que nos fan canosos, barbudos ou coas cellas unidas

O aspecto do cabelo, a barba e as cellas depende de factores xenéticos que ata agora non estaban ben definidos. Agora, a análise do xenoma de 6.000 persoas de Latinoamérica, cunha rica diversidade xenética, permitiu identificar dez variacións no seu ADN que inflúen na forma, densidade e cor do pelo. Entre elas, acharon o primeiro xene responsable das canas e o culpable de que ambas as cellas estean unidas.

Poucos estudos profundaron na base xenética que explica a gran diversidade das características do pelo. Ata agora, os científicos identificaran o patrón da calvicie, a cor do cabelo e o aspecto rizado do pelo en mostras ancestrais de Europa e do leste de Asia.

Publicidade

Agora, un equipo internacional de científicos, con participación da Universidade de Oviedo, descubriu dez variantes xenéticas que inflúen na aparencia do cabelo humano. O estudo, publicado hoxe en Nature Communications, permitiu analizar unha mostra de 6.357 voluntarios de cinco países de Sudamérica (Brasil, Colombia, Chile, México e Perú) con diferente composición xenética ancestral europea (48%), nativos americanos (46%) e africana (6%). O obxectivo foi identificar xenes asociados coas canas, a cor, a densidade e a forma do cabelo (liso ou rizado).

O descubrimento abre a porta a tratamentos que eliminen as canas

Os científicos destacan o achado do primeiro xene asociado ao encanecemento, o que confirma que este trazo ten un compoñente xenético e non se debe só ao medio ambiente. O xene IRF4 era coñecido por desempeñar un papel importante na determinación da cor do cabelo, pero tamén está relacionado coas canas.

“Xa se coñecían varios xenes implicados na calvicie e a cor do cabelo, pero esta é a primeira vez que se identifica un xene asociado ao cabelo branco dos humanos, así como outros asociados á forma e densidade”, declara o autor principal do traballo, Kaustubh Adhikari, do departamento de Bioloxía Celular e do Desenvolvemento do University College de Londres (Reino Unido).

O xene IRF4 encárgase de regular a produción e o almacenamento de melanina, o pigmento que determina a cor do cabelo, a pel e os ollos. As canas son causadas, precisamente, pola ausencia de melanina no pelo.

“Podería ser importante para o desenvolvemento de tratamentos que atrasen a aparición das canas”, explica Andrés Ruiz-Linares, outro dos investigadores. Os científicos descubriron ademais outro xene chamado PRSS53 que inflúe na forma do cabelo. O equipo de investigación atopou tamén xenes que controlan o grosor e a forma do pelo da barba, outros que están relacionados co grosor das cellas e o da prevalencia da unión de ambas as cellas.

Podes atopar o artigo
na revista Nature Communications

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Es zurdo? Descobren mutacións raras asociadas ao uso da man (e o pé) esquerdos

Un novo estudo explica como certas variantes xenéticas que alteran o xene TUBB4B están relacionadas co desenvolvemento desta condición

Un estudo revela que embarazo muda o cerebro das nais para fortalecer o vínculo cos fillos

A forte alteración hormonal que acontece no corpo das mulleres durante a gravidez facilita a relación cos bebés segundo un paper da Nature Communications

Sabes por que te orientas mal? O teu lugar de nacemento ten moito que ver

Un estudo internacional indica que as persoas criadas na cidade teñen peores habilidades que as que medran nas aforas

Un novo ecosistema está a medrar na “illa de lixo” do Pacífico

Un estudo publicado en Nature Communications alerta de que os organismos costeiros xa están comezando a habitar o mar aberto grazas aos plásticos