As abellas poderían estar 'enganchadas' aos neonicotinoides usados como pesticidas.

As abellas sofren as consecuencias da seca e os ataques das velutinas

As abellas prefiren néctar con pesticidas

Un estudo en 'Nature' suxire que é para elas como unha droga, pero a súa toxicidade as pon en perigo de extinción

As abellas son fundamentais para a polinización das flores e resultan necesarias para a sostibilidade da agricultura en todo o mundo. Un estudo da Universidade de Newcastle e o Trinity College de Dublín descubriu que estes pequenos animais -que están en perigo de extinción- se senten atraídos polo néctar que contén pesticidas.

Os neonicotinoides empréganse como pesticidas agrícolas.

Os neonicotinoides empréganse como pesticidas agrícolas.

As abellas traen de cabeza a científicos e ecoloxistas polo alto declive da súa poboación en todo o planeta. Unha investigación, publicada pola revista Nature, descubriu que o abellón común (Bombus terrestris) e a abella europea (Apis mellifera) non son capaces de detectar a presenza dos tres pesticidas neonicotinoides máis comúns e que actúan no sistema nervioso central dos insectos. Deste xeito, non poden evitalos. Pero hai algo máis grave: o sorprendente é que as abellas amosaron unha preferencia polos alimentos que contiñan os devanditos pesticidas. Cando se lles deu a elixir entre unha solución de azucre, e outra con azucre e neonicotinoides, elixiron a segunda opción.

Geraldine Wright, coautora do traballo no Instituto de Neurociencias da Universidade de Newcastle (Reino Unido) explica: “As abellas non poden distinguir os neonicotinoides na súa comida e, polo tanto, tampouco evitalos. Isto ponas en risco de intoxicación cando comen néctar contaminado. E o que é peor, agora temos evidencias de que prefiren consumir comida con pesticidas.

A UE fixo unha prohibición temporal ante o risco de extinción das abellas

As abellas e outros insectos polinizadores son importantes para aumentar o rendemento dos cultivos. O seu valor económico estimouse en, polo menos, 153 mil millóns de dólares –115 mil millóns de euros– ao ano a escala mundial. Varios estudos demostraron que os pesticidas neonicotinoides teñen efectos negativos na busca de alimento das abellas e na saúde das súas colonias. Como consecuencia, a preocupación pública sobre o impacto destes pesticidas nos polinizadores creceu.

En abril de 2013, a UE introduciu unha prohibición temporal sobre a utilización dos praguicidas neonicotinoides nos cultivos en flor, mentres se solicita máis información científica e técnica.

Os neonicotinoides actúan sobre os mesmos mecanismos do cerebro nas abellas, que os que se ven afectados pola nicotina no cerebro humano. O feito de que ademais os prefiran preocupa aos científicos, xa que suxire que, ao igual que a nicotina, os neonicotinoides poden actuar como unha droga para que os alimentos que conteñen estas substancias lles sexan máis gratificantes. “Isto podería ter unha reacción en cadea de impacto negativo en colonias enteiras e nas poboacións de abellas”, asegura Wright.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.