Venres 29 Marzo 2024

Crean unha ‘app’ para medir en tempo real a fertilidade do esperma

Un grupo de científicos da universidade de Harvard o do hospital de Massachusetts, en Boston, veñen de crear un dispositivo de baixo custo que mide en tempo real a fertilidade do seme. Os datos sobre este avance, que podería ser de gran utilidade para máis de 45 millóns de parellas de todo o mundo con problemas de fertilidade, foron publicados na revista Science Translational Medicine.

O accesorio, que aínda está en fase de prototipo, aproveita a potencia do procesamento e a cámara do teléfono intelixente para levar a cabo o seu labor. Consiste nun accesorio óptico que se acopla ao móbil e un dispositivo de un só uso sobre o que se sitúa a mostra de esperma.

Publicidade

“Queríamos conseguir unha proba tan sinxela como a de embarazo”, di un dos autores

Ao mesmo tempo, no teléfono instálase unha aplicación que vai guiando ao usuario en cada paso. O microchip conta con mecanismos capaces de medir o número total de espermatozoides e a súa motilidade, é dicir, a súa capacidade de movemento, para saber se son o suficientemente ‘áxiles’ para chegar a fecundar o óvulo.

Para avaliar o rendemento do aparello, os investigadores estudaron 350 mostras de semen recollidas do centro de fertilidade do hospital de Massachusetts. A aplicación puido detectar cunha precisión do 98 por cento as características das mostras.

“Queríamos conseguir que as probas de fertilidade masculina foran tan sinxelas como as do embarazo“, sinala Hadi Shafiee, un dos autores da investigación. Shafiee destaca tamén que esta ‘app’ podería servir non só para analizar a fertilidade, senón tamén para asegurarse de que as operacións de vasectomía foron realmente efectivas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Xaxún intermitente si ou non? Un estudo suxire que empeora a fertilidade

As dietas de restrición de alimentos por horas causan problemas na calidade dos óvulos e o esperma segundo unha investigación feita con peixes cebra

Fertilidade: unha cuestión vital chea de (falsas) crenzas

Non conseguir o embarazo desexado pode ter moitas explicacións sen fundamento, pero tamén responder a realidades que si determinan o misterio da vida

Un estudo demostra que as vacinas contra a Covid-19 non causan infertilidade

Os resultados da investigación, levada a cabo en Estados Unidos, apuntan a unha redución temporal da fecundidade en homes que pasaron a infección

A aplicación AsisT.gal da Xunta recibe o Premio Senda Iniciativa Pública

A XII edición destes galardóns recoñece o labor deste servizo que permite monitorar desde o móbil parámetros de actividade, biomedidas ou localización da persoa solicitante