A reacción de ouriños e cloro irritan a pel, os ollos e as vías respiratorias.

A reacción de ouriños e cloro irritan a pel, os ollos e as vías respiratorias.

Ademais de ser unha cochada, ouriñar dentro da piscina pode prexudicar a saúde.

Unha análise confirma que a reacción de ouriños e cloro irritan a pel, os ollos e as vías respiratorias

Quen non mexou algunha vez na piscina? O enxeñeiro ambiental Ernest R. Blatchley da Universidade de Purdue (EE UU) recoñece que o fixo algunha vez pero que non o volverá repetir, sobre todo tras coñecer os resultados dun estudo que desenvolveu en colaboración con científicos da Universidade de Agricultura de China.

O equipo confirmou que o cloro (Cl) que se usa para desinfectar a auga combínase moi ben co ácido úrico (C₅H₄N₄O₃) e orixinan dúas substancias tóxicas: o cloruro de cianóxeno (CNCl), que no pasado se utilizou como un axente na guerra química, e a tricloramina (NCl3), que prexudica o sistema respiratorio e produce irritacións na pel e os ollos.

E de onde vén o ácido úrico?

“O ácido úrico nunha piscina se atribúe case enteiramente aos ouriños humanos”, subliña Blatchely, quen verificou no laboratorio o rápido que reacciona este composto co cloro para orixinar os subprodutos volátiles perigosos. Os datos publicáronse na revista Environmental Science & Technology da Sociedade Química Estadounidense.

Está claro que non todos os usuarios fan pis na auga, pero as mostras tomadas polos investigadores arroxan unha media de entre 30 e 80 mililitros de ouriños cada vez que un nadador mexa porque non se pode aguantar ou, como sospeitan os autores, o fai disimuladamente de forma voluntaria.

Os niveis de subprodutos tóxicos son realmente perigosos?

Os científicos aclaran que, por suposto, nas piscinas non se acumulan suficientes ouriños e cloro como para producir niveis de guerra química, pero algúns usuarios si poden chegar a sentirse mal ou padecer irritacións se respiran as mesturas nocivas. “Hai casos onde a xente chegou a enfermar con síntomas parecidos aos que se producen por envelenamento por cloruro de cianóxeno ou tricloramina”, advirten os expertos.

Por todo iso, os científicos animan aos nadadores e usuarios a respectar os hábitos de hixiene dentro da auga clorada. “Este estudo non me vai a impedir que siga indo á piscina, pero a partir de agora vou ser un pouco máis cauteloso, e tamén un pouco máis cortés”, conclúe Blatchely.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.