Venres 29 Marzo 2024

A xente cre que a súa personalidade non cambiará co paso dos anos

Aínda que o ser humano é consciente de que a súa personalidade e as súas crenzas cambiaron significativamente respecto ao pasado, cre que no futuro a súa forma de ser manterase tal e como é no presente. Un estudo publicado na revista ‘Science‘ describe a coñecida como ‘ilusión do final da historia‘, pola que as persoas tratan o momento actual coma se fose unha liña divisoria da súa vida.
En cada unha das etapas da vida, as persoas toman decisións que inflúen profundamente en como serán no futuro: pagan para quitarse as tatuaxes que se fixeron de adolescentes, divórcianse dos que se namoraron e acoden a centros de beleza para perder os quilos que engordaron co paso dos anos. Un equipo internacional de investigadores realizou un estudo onde se demostra que aínda que o ser humano é consciente de como as súas personalidades e valores cambian co paso do tempo, tende a crer que non se modificarán moito máis no futuro.

‘Existe a tendencia a tratar o presente como unha liña divisoria’

“Existe unha tendencia a tratar o presente como unha liña divisoria, na que un se converte na persoa que será polo resto da súa vida”, recolle o estudo. Os autores refírense a ela como ‘a ilusión do final da historia’ e explican que esta actitude pode levar a non ter en conta os futuros comportamentos e preferencias.
Os científicos utilizaron unha mostra de 7.519 adultos de entre 18 e 68 anos -o 80% deles eran mulleres- obtida da páxina web dun programa de televisión. Os participantes tiveron que contestar a preguntas como cal é o seu estilo musical favorito, o nome da súa comida predilecta, o seu hobby por excelencia e o nome do seu mellor amigo.

Publicidade

As persoas tenden a subestimar canto cambiarán co paso dos anos

Segundo os autores, o traballo deixa claro que as persoas “tenden a subestimar canto cambiarán a medida que cumpran anos” e o explican de dous modos: “En primeiro lugar, é posible que a maioría da xente opine que as súas personalidades presentes son atractivas e as súas preferencias son sabias, o que lles impide pensar na posibilidade de cambiar. Pode que crean coñecerse moi ben a si mesmas, e que un cambio no futuro ameace esa crenza”.
En segundo lugar, os científicos sinalan que hai que diferenciar entre os procesos cognitivos para recordar o pasado e aqueles cos que se infire o futuro. “A prospección é un proceso construtivo, mentres a retrospección é reconstructiva,” explican os científicos.
Engaden ademais que xeralmente, construír cousas novas é máis difícil que reconstruír as xa pasadas. Por iso, é probable que a dificultade de predicir como será algo no futuro leve moitas persoas a asumir que non se producirán demasiados cambios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:05

R de Revolta: o autogoberno irmandiño de “todos á unha”

Entre 1467 e 1469 a rebelión do poder popular arremeteu contra as fortalezas do Reino, o símbolo material da violencia dos señores

A pegada dos deuses prerrománicos nos topónimos de Galicia

O estudo das inscricións de seis aras votivas no noroeste peninsular axudan a entender a mobilidade xeográfica e o culto ás deidades

Prevén o leite a deterioración cognitiva? Isto é o que suxire un novo estudo

Un ensaio en maiores de 65 anos identifica un compoñente da graxa láctea que podería ralentizar a perda de memoria asociada á idade

Os oito precedentes de Toconao: 2.070 toneladas de ‘pellets’ vertidas ao mar dende 2011

Un informe de Fauna & Flora International recolle os accidentes máis graves que ocasionaron o derramamento de bólas de plástico polo mundo