amoramor

A voz delátanos ante a persoa que nos gusta

Un estudo feito no Reino Unido entre 110 persoas heterosexuais amosa que eles usan un ton máis cantareiro ante mulleres atractivas

A atracción sexual deixa evidencias na voz. Así o demostra un estudo da Universidade de Stirling, no Reino Unido, que analizou os rangos vocais de 110 persoas heterosexuais, homes e mulleres, en situacións de cortexo e achou que a voz deles é máis cantareira ante a presenza da persoa que lles gusta.

Os homes teñen unha voz máis cantareira ante a persoa que lles gusta

Os homes teñen unha voz máis cantareira ante a persoa que lles gusta

Os tons vocais que experimentan os homes diante dunha muller atractiva, fronte ao ton suave e baixo que usan cando a persoa coa que falan non lles provoca ningún interese sexual. As modulacións na voz do home teñen, segundo o estudo, unha fin práctica, que é a de agradar á posible parella.

A voz tamén induce a imaxinar como é o outro e, nalgunhas ocasións, suxire trazos negativos. Un ton profundo e grave, asociado nos homes a unha idea de masculinidade moi marcada, é quen de xerar no interlocutor unha sensación de agresividade e promiscuidade percibidas xeralmente como negativas. O home, asegura o estudo, evita transmitir esta imaxe que o prexudica variando precisamente o seu tono de voz con altos e baixos, o que xustifica a súa voz cantareira ante alguén que lle gusta.

É xa coñecido que o interese sexual anuncíase de xeitos ben diferentes, entre os que non teñen unha importancia menor os elementos non verbais, o contacto visual e a linguaxe corporal.

Podes atopar máis información
neste artigo científico da Universidade de Albany (Estados Unidos)

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.