Ata o de agora críase que a caspa era causada por fungos e non por bacterias.

Ata o de agora críase que a caspa era causada por fungos e non por bacterias.

A abundancia de caspa é produto dunha loita entre bacterias

Os estudos anteriores apuntaban a o fungo Malasezia como o causante do aumento de freila

Os cabelos que teñen unha maior cantidade de sebo e humidade adoitan ter menos caspa, segundo un estudo da Universidade de Shangai publicado no portal Scientific Reports. Esta patoloxía, que afecta a preto dun 50% da poboación mundial, adoita ser un molesto problema para os que a sufren. O traballo da universidade Jiao Tong descubriu que as condicións creadas no cabelo pola presenza dunha maior cantidade de graxa e humidade facilitan a aparición da bacteria que limita o crecemento da caspa.

Ata o de agora, as investigacións realizadas apuntaban a que o fungo Malasezia era o principal causante da caspa. Pero este estudo acaba de desvelar que esta patoloxía está provocada por un desequilibrio entre as bacterias Propionibacterium e StaphylococcusEn concreto, os cabelos onde hai máis presenza de caspa teñen un maior número de Staphylococcus e un menor número de Propionibacterium. Estes dous organismos inhíbense de xeito recíproco, polo que de chegar a un equilibrio, a cantidade de caspa diminiuría. Para conseguir iso, o sebo actúa como fonte de alimento do Propionibacterium, que, ademais, é propenso a medrar en ambientes húmidos.

O estudo levouse a cabo con 59 voluntarios de entre 18 e 60 anos, dos que se tomaron 174 mostras de cabelo. Para o traballo, requeriron aos participantes que se lavaran o pelo nas 48 horas anteriores ás probas. Os científicos recolleron cabelos de oito seccións diferentes do coiro cabeludo.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.