Martes 23 Abril 2024

A explicación científica de por que facemos garabatos ó falar por teléfono

Aos humanos, polo xeral, non se nos dá ben facer varias tarefas á vez e o noso rendemento baixa apreciabelmente cando temos que dividir a nosa atención. É por isto que facer garabatos mentres mantemos unha conversación por teléfono debería distraernos, aínda que con todo é xusto o contrario.

Debuxar trazos sen sentido axuda á concentrción e a reter información, especialmente mentres realizas tarefas repetitivas. A cuestión é que os trazos requiren pouco esforzo mental, polo que non nos fan sentimos atafegados. De feito, resultan o suficientemente estimulantes como para manternos activos.

Publicidade

Así, segundo varios estudos, facer garabatos axúdanos a memorizar un 30% máis que se deixamos o bolígrafo quieto.

O corpo tende a distraer ós sentidos non involucrados na conversación

Este tipo de actividades, coñecidas como actividades de desprazamento axúdannos a concentrarnos e a desenvolver as ideas a medida que falamos. Iso débese a que o corpo tende de forma natural a distraer con actividades que requiren moi pouca atención aos sentidos que non están involucrados na conversación.

Outra das cousas que te atoparás facendo case sen darche conta mentres falas por teléfono é camiñar. Co movemento o corazón latexa máis rápido, circula máis sangue e osixénanse non só os músculos senón todos os órganos, incluído o cerebro, que pasa a activar a cortiza motora. Deste xeito, ao movernos facemos que mellore a nosa memoria e atención.

O modo no que movemos o corpo tamén muda os nosos pensamentos: camiñar ao noso ritmo crea unha retroalimentación entre o ritmo do corpo e o estado mental beneficiosa para o noso cerebro.

Ademais, tal e como acontece cando facemos garabatos, non necesitamos facer moito esforzo mental para camiñar, de modo que podemos concentrarnos na conversación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Uns 4.000 pasos diarios alcanzan para mellorar a saúde

Un estudo internacional demostra que canto máis se camiña, menor é o risco de morte, aínda que apenas se dean 3.967 pasos cada día

Pasas moitas horas sentado? Esta rutina combate os efectos prexudiciais do sedentarismo

Un equipo de Estados Unidos demostra que realizar paseos de cinco minutos cada media hora pode contrarrestar o impacto negativo na saúde

Confirmado: camiñar 10.000 pasos diarios é o ideal, pero tamén depende como os deamos

Un novo estudo confirma que andar uns oito quilómetros cada día prevén de forma óptima o cancro, a demencia e os trastornos cardiovasculares

Unha ‘bota’ exoesquelética permite camiñar de forma máis rápida e eficaz

Enxeñeiros de EEUU dan un novo paso cara a futuros dispositivos de marcha asistida para persoas con problemas de mobilidade