blue-monday2

A ‘ciencia’ conclúe que vostede está triste

Unha fórmula matemática resolve que o terceiro luns de xaneiro é o máis infeliz do ano

É luns, segue a costa de xaneiro, vai frío e esgótanse os bos propósitos do novo ano. Fai falta ser científico para concluír que hoxe non estamos para tirar foguetes? Pois claro que non, pero cando un sabio quere categorizar, o fai, aínda que sexa -ou sobre todo- para traer malas noticias. É posible que a de hoxe xa a coñeza: está vostede triste.

Hoxe, 19 de xaneiro, é o Blue Monday, con todo o que o adxectivo blue significa no mundo anglosaxón. Ou acaso lle invade a alegría escoitando un só do bluesman Muddy Waters?

O día máis triste do ano, que hoxe cumpre unha década, ten en realidade unha orixe máis publicitaria que científica. En 2005, unha empresa de viaxes quixo coñecer cal era o día obxectivamente máis triste do ano. Para descubrilo, pagou un psicólogo para que elaborase unha fórmula matemática. En tal día como hoxe converxen o comezo da semana laboral; que non se cobrase aínda a paga mensual; o tempo (no hemisferio norte, claro); o esvaecemento dos bos propósitos do ano novo e algún elemento máis. E concluíuse que o terceiro luns de xaneiro era o mellor día para quedar na cama.

Para vernizar un pouco semellante enredo, o responsable de declararnos tristes ata ideou unha fórmula matemática. Aí vai, con variables como tempo atmosférico (Ta), débeda (d), tempo que transcorreu dende Nadal (T), tempo dende que abandonamos os bos propósitos para o novo ano (Q), niveis de motivación baixos (M) e a necesidade de facer algo (Na). Hai por aí unha misteriosa da que nunca máis se soubo. E a cousa quedou así:

blue-monday

Pseudociencia ao servizo da mercadotecnia. Efectivamente, todo moi triste, non?

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.