O estudo analizou os datos de 52.000 varóns de entre 40 e 69 anos.

O estudo analizou os datos de 52.000 varóns de entre 40 e 69 anos.

A causa da calvicie é, en parte, cousa das nais

Segundo un estudo da Universidade de Edimburgo, 40 dos 287 xenes que provocan a caída do cabelo están no cromosoma X, o que se herda das proxenitoras

Un equipo da Universidade de Edimburgo vén de publicar na revista Plos One un estudo no que expoñen as posibles orixes xenéticas da calvicie. Despois de analizar os datos de máis de 52.000 varóns de entre 40 e 69 anos, definiron un conxunto de 287 xenes que eran responsables, en maior ou menor medida, da caída do cabelo.

O salientable da investigación é que, destes 287 xenes, 40 deles atópanse no cromosoma X, o que os varóns herdan das súas nais. O descubrimento racha, por tanto, coa crenza de que a calvicie se herda principalmente dos proxenitores varóns.

Non en tanto, os investigadores remarcan que as causas xenéticas da perda de cabelo son múltiples e complexas, polo que a presenza ou ausencia destes xenes non pode ser interpretada sen ter en conta outros factores. Si que poden servir, con todo, para realizar algunhas predicións.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.