Sábado 20 Abril 2024

1,32 millóns de euros polo segredo da felicidade de Einstein

Dúas notas manuscritas nas que Albert Einstein explica como vivir unha vida feliz foron adxudicadas en Xerusalén en 1,32 millóns de euros. A casa de poxas Winner sinalou que o prezo resulta preto de 200 veces superior ás estimacións previas, que apuntaba a conseguir un valor de entre 5 e 8 mil dólares.

Corría o ano 1922 e o físico famoso pola súa teoría da relatividade atopábase de xira por Xapón, ofrecendo conferencias. Un mensaxeiro chegou ao Imperial Hotel de Tokio para entregarlle a Einstein unha mensaxe. Este decatouse de que non tiña efectivo co que gratificarle. No seu lugar, deulle eses dous folios cunhas notas soltas, ás que engadiu a súa firma. Einstein dixo que esas notas algún día terían valor. Non se trabucaba.

Publicidade

A primeira nota, adxudicada en 1,56 millóns de dólares e escrita nun folio, afirma que “unha vida sinxela e tranquila achega máis alegría que a procura do éxito nun desasosego constante“. A outra, que se adxudicou en 240,000 dólares, foi escrita nunha folla de papel, e di simplemente: “Onde hai un desexo, hai un camiño“.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo mapa da materia escura vólvelle dar a razón a Einstein

Confirma a teoría xeral da relatividade sobre como as estruturas masivas medraron e curvaron a luz ao longo de 14.000 millóns de anos

A foto que reproduce o emblemático Congreso Solvay

O investigador do CiQUS Diego Peña foi un dos 34 participantes en Honour Science & Chemistry, un evento que reuniu a científicos de prestixio internacional

Dopamina: o neurotransmisor que nos dá a felicidade, pero tamén nola quita

Intervén nunha gran cantidade de procesos como o control do movemento, a memoria, a recompensa cerebral e a aprendizaxe, entre outros

Fainos máis felices crer en Papá Noel e os Reis Magos?

A rapazada que cre durante máis anos nos seres máxicos do Nadal adoita ser máis feliz cando chega á idade adulta