Mércores 17 Abril 2024

A Xunta activou máis de 121 millóns de euros en proxectos para transformación dixital financiados con fondos europeos 

Amtega ten en marcha máis dun 82% dos recursos que corresponden a Galicia do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) activou xa expedientes por importe de 121,9 millóns de euros correspondentes a actuacións financiadas polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) que conta con fondos europeos. Case o 73% do importe desas actuacións en marcha corresponden a proxectos xa licitados, en fase de execución ou executados, o que supón case 89 millóns de euros. Esta cifra inclúe os acordos marco xa formalizados ou en tramitación.  

O 82,5% dos fondos totais (147,7 millóns) correspondentes a Galicia xa están activados. Un total de 10 millóns de euros corresponden a axudas ou subvencións e os case 23 millóns restantes refírense a expedientes que están nas primeras fases da tramitación.  

Publicidade

A Xunta deseñou e lanzou 26 liñas de acción cos fondos MRR que permitirán avanzar na transformación tecnolóxica no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030. Estas liñas de acción agrúpanse en seis ámbitos: Administración e Xustiza dixital (33 M€ para Administración e 14,88 M€ para Xustiza), Educación dixital (54 M€), Mobilidade intelixente (6,2 M€), Dixitalización como apoio ao novo modelo de servizos sociais (11 M€), Conectividade (19 M€) e Capacitación dixital (9,6 M€). 

Entre as actuacións sobre Administración dixital destaca o contrato para a redacción do proxecto e dirección da obra do novo Centro de Procesamento de Datos (PDR) Redundante da Xunta, que están en fase de execución. A obra completa implica un investimento de 16 millóns de euros e permitirá dotar de maior escalabilidade e estabilidade aos servizos prestados pola Administración pública electrónica. 

Tamén no ámbito da Administración dixital está licitado e pendente de adxudicación o acordo marco para a posta en marcha da plataforma de automatización da Xunta de Galicia, por un importe de algo máis de 6 millóns de euros. 

Centro de Excelencia en Ciberseguridade 

En fase de adxudicación está o contrato para a redacción do proxecto e execución do novo Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, que implicará uns investimentos que suman uns 4,5 millóns de euros. 

Os proxectos financiados cos MRR permitirán tamén completar o proceso de dixitalización da Xustiza, que en 2023 contará con todas as salas de vista dixitais. Neste sentido, no marco do MRR está en fase de presentación de ofertas a dotación de equipamento multimedia para 120 salas polivalentes e a dotación de equipamento de oficinas con servizo de atención á cidadanía, cunha dotación de algo máis de 1 millón de euros. 

Educación dixital 

Os fondos MRR permiten financiar dúas liñas de acción no ámbito da Educación: o Programa para a dixitalización do sistema educativo e a Dotación de dispositivos portátiles para reducir a fenda dixital do alumnado. 

Xa está formalizado o acordo marco que permitirá a renovación e dotación das aulas dixitais no sistema de educación público de Galicia por un importe de 12,5 millóns de euros. Ademais, está en tramitación outro acordo marco para o mesmo fin por importe de 23,8 millóns de euros. Ambas actuacións permitirán que todas as aulas do sistema educativo público non universitario de Galicia sexan dixitais e conten con equipamentos renovados. 

En fase de execución atópase o contrato de subministración de ordenadores ultraportátiles para alumnado no marco do proxecto Abalar-Edixgal, destinados a reducir a fenda dixital, por un importe de 9,55 millóns de euros. 

Capacitación, Conectividade, Mobilidade e Política Social 

En fase de presentación de ofertas atópase o servizo de apoio á formación e capacitación dixital á cidadanía por un importe de 8,72 millóns de euros, adaptado ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais que entrou en vigor a principios deste ano. 

Os fondos MRR permitirán tamén complementar as actuacións que leva a cabo o Estado para lograr os obxectivos de conectividade establecidos por Europa, como é o de dotar de internet de altas prestacións a toda a poboación e aos sectores produtivos. Neste sentido, están pendentes de adxudicación as subvencións para o reforzo da conectividade en polígonos industriais, por un importe de 4,3 millóns de euros. 

Están xa publicadas as axudas mediante bonos dixitais para que os colectivos vulnerables teñan acceso a internet de calidade e pendente de publicación as axudas para a adecuación de infraestruturas de telecomunicación en edificios. Ambas suman 5,6 millóns de euros.

Outras actuacións destacadas financiadas co MRR son a Plataforma Galega de Mobilidade, que supón 5,73 millóns de euros e que está en prazo de presentación de ofertas ou a adaptación do sistema de xestión integral de centros de Política Social ao novo modelo de coidados de longa duración (1,79 millóns de euros), que está en fase de execución. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas